Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega

Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788482887524
Ano de edición:
Materia
DICIONARIOS, ENCICLOPEDIAS, ATLAS
ISBN:
978-84-8288-752-4
Páxinas:
1328
Encadernación:
TAPA DURA
lingua:
GALEGO
Ancho:
150
Alto:
230
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

15,20 €

IVE incluído

O Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega é un volume de 1328 páx. que contén 8000 entradas. Inclúe 91 cadros nos que  se sintetiza importante información gramatical e que facilitan unha consulta rápida. E o primeiro dicionario galego que ofrece exemplos reais da linguaxe xornalística, literaria e académica dos últimos vinte anos. Este dicionario parte dunha concepción novidosa respecto doutros dicionarios xa existentes, a súa base é a lingua real e as súas indicacións oriéntanse cara á utilidade práctica de todos os que empreguen o galego en calquera ámbito, falado e escrito. Nas súas entradas ofrece solucións razoadas e contrastadas coa norma académica,  cunha explicación práctica da lingua e do seu léxico. O dicionario fornece etimoloxías, sinónimos e palabras afíns, e equivalentes noutras linguas cando é pertinente. Ofrece, por primeira vez na lexicografía galega, exemplos reais de uso da linguaxe xornalística, literaria e académica. Permite orientarse sobre o uso estándar e correcto da lingua e aclara dificultades sobre o uso de neoloxismos, estranxeirismos e impropiedades léxicas. E util para solucionar dúbidas sobre a gramática e a ortografía. Resolve dificultades de pronunciación e dá información sobre cuestións de estilo (puntuación, maiúsculas, siglas, abreviaturas...). Debido a que todas as linguas mudan e é preciso conservar o seu patrimonio e entender os seus cambios e novidades, este dicionario incorpora as últimas modificacións, tanto das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego coma do Vocabulario ortográfico da lingua galega. O dicionario Galaxia de usos e dificultades axuda á corrección e bo uso da lingua e  facilítalles tamén aos usuarios unha consulta rápida e fiable, ao que  contribúen os máis de noventa cadros gramaticais situados a carón da entrada correspondente.

Outros libros do autor en Libreria Porta Da Vila

Materia en Libreria Porta Da Vila

Galaxia en Libreria Porta Da Vila

  • Arrabaldo do Norte
    Titulo del libro
    Arrabaldo do Norte
    Méndez Ferrín, X. L.
    Galaxia
    No disponible

    9,00 €

  • Antoloxía
    Titulo del libro
    Antoloxía
    Paz-Andrade, Valentín
    Galaxia
    GBS_setViewerOptions({'showLinkChrome': false}); GBS_setLanguage('es'); GBS_insertPreviewButtonPopup('ISBN...
    No disponible
  • SON UNHA NENA
    Titulo del libro
    SON UNHA NENA
    Rodríguez, Yolanda / Lameiras, María
    Galaxia
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    23,65 €

  • Mañá fará bo día
    Antigo
    Titulo del libro
    Mañá fará bo día
    Fillol, Luce
    Galaxia
    A novela desenvólvese en 1939, nas postrimerías da contenda. Os Cubellas son unha máis das tantas familias q...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    10,50 €

  • Galicia-México. Imaxe máxica
    Titulo del libro
    Galicia-México. Imaxe máxica
    Bilbatúa, Demetrio
    Galaxia
    A historia de Demetrio Bilbatúa forma parte da historia dos galegos da  diáspora. Este é un libro no que se ...
    No disponible