Do descontento á acción

Do descontento á acción. A construción social da protesta campesiña en Galiza

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497821261
Ano de edición:
ISBN:
978-84-9782-126-1
Páxinas:
256
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
UNIVERSITARIA

23,00 €

IVE incluído

"Do descontento á acción. A construción social da protesta campesiña en Galiza" analiza, a partir das achegas da psicoloxía social, a participación dos labregos e labregas nas mobilizacións campesiñas da década dos anos noventa. Na nosa sociedade a participación en movementos sociais e accións colectivas é unha forma habitual de facer  política. Por que e como se xeran as accións colectivas e por que chegaron a ser unha práctica tan común son preguntas centrais no libro  de Concha Fernández e Xosé Manuel Sabucedo. As distintas tradicións na análise social suxiren múltiples respostas: porque as persoas se senten agraviadas, porque teñen recursos para mobilizarse e aproveitan  as oportunidades políticas para protestar, porque construíron identidades colectivas politizadas... Non obstante, a pregunta de por que nacen os movementos sociais e accións colectivas é diferente á de por que os individuos participan. Obviamente se ninguén participa, non  hai movemento nin accións colectivas, pero tampouco o descontento compartido, por moi alto que sexa, xera automaticamente movementos de protesta. Son necesarios, ademais de recursos e oportunidades, poderosos motivos para transformar o descontento en acción. Analizar a  mobilización da acción é a cerna desta obra en que, á par dun preciso  estudo de caso das protestas campesiñas dos anos noventa, se achegan  reflexións e ferramentas analíticas absolutamente imprescindíbeis para comprendermos a acción colectiva, a participación política e a sociedade dos nosos tempos.

Xerais en Libreria Porta Da Vila

  • Retorno aos clasicos
    Titulo del libro
    Retorno aos clasicos
    AA.VV
    Xerais
    Os membros da Red Temática de Investigación "Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iber...
    No disponible

    26,95 €

  • Éxodo
    Titulo del libro
    Éxodo
    Salgado García, Daniel
    Xerais
    Exodo coma axuste de contas: cos nosos tempos e co noso xeito de vivilos. Un lugar para entrar e saír, que des...
    No disponible
  • (G).(07).PAPAPAPU 5 ANOS (COMPLETO)*GALEGO*
    Titulo del libro
    (G).(07).PAPAPAPU 5 ANOS (COMPLETO)*GALEGO*
    Campuzano Valiente, María Dolores
    Xerais
    No disponible

    99,00 €

  • O pequeno mago
    Titulo del libro
    O pequeno mago
    Cameselle, Roque
    Xerais
    Uns perigosos piratas normandos atracan na pequena cidade galega de Tui, dispostos a saqueala. Bieito Dubidoso,...
    No disponible

    19,50 €

  • A BIBLIOTECA DE PEDRARCANA
    Titulo del libro
    A BIBLIOTECA DE PEDRARCANA
    Nº 270
    Álvarez Taboada, Carlos
    Xerais
    Pedrarcana de Leria era unha cidade engaiolada nunha burbulla de tedio. Alí case nunca pasaba nada interesante...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,95 €