Donos de seu: Loitas, arelas e froitos da xente de mar do Porto do Son (1580-1830)

Donos de seu: Loitas, arelas e froitos da xente de mar do Porto do Son (1580-1830)

Editorial:
Xerais
EAN:
9788491216230
Ano de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-9121-623-0
Páxinas:
256
Encadernación:
TAPA DURA
lingua:
GALEGO
Ancho:
165
Alto:
240
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - ALTERNATIVAS

39,50 €

IVE incluído
Comprar

Arredor de 1580 comezou a longa loita da xente de mar do Son, daquela un porto con menos de medio cento de casas, fronte as autoridades municipais de Muros e de Noia pola defensa dos seus medios de subsistencia. Este colectivo logrou manter o dereito a redar cos aparellos que desde antigo viñan empregando para aproveitarse do «pasto común» da ría. A falta dun depósito de sal e de embarcacións de  cabotaxe, e os atrancos postos polas autoridades xurisdiccionais ao comercio da súa produción pesqueira, explican a especialización dos sonenses na captura de pixotas e a consolidación dun nutrido grupo de arrieiros de peixe seco.
 No século XVIII os sonenses, agremiados e donos de seu, cun espazo vital e devocional (a capela de Atalaia) ben diferenciado do frecuentado polos labradores das aldeas de Noal, tamén foron quen de acadar da Coroa un alfolín e unha feira mensual que activou o comercio  na localidade. Os xeiteiros e volanteiros do Son resistiron a expansión das xávegas, introducidas polos fomentadores, mentres na súa  ribeira se localizou unha efémera empresa de curación de peixes para competir co bacallau estranxeiro.

Materia en Libreria Porta Da Vila

Xerais en Libreria Porta Da Vila