Eduardo Jorge Bosco

Eduardo Jorge Bosco. Poemas en lingua galega

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497826686
Ano de edición:
Materia
POES?A
ISBN:
978-84-9782-668-6
Páxinas:
240
Encadernación:
TAPA DURA
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

18,00 €

IVE incluído

Eduardo Jorge Bosco foi un importante escritor arxentino que morreu, case inédito, cando non cumprira 31 anos. Suicidouse, nas augas do Río  da Plata, o 30 de decembro de 1943. De 1939 a 1942 vive unha fonda paixón amorosa con Josefa Emilia Sabor (Pepita Sabor), hoxe unha autoridade no seu país en Bibliografía e disciplinas afíns. Pepita Sabor e Bosco coñecéronse e tratáronse na Facultade de Letras de Buenos Aires, onde se namoraron. Pepita, filla de pai galego nado en Vilanova de Arousa, chegara á Arxentina con menos de dous anos. Xa namoradas, Bosco, poeta case secreto, escribe, en idioma galego, Sete cancións entre o 7 e o 9 de agosto de 1939. A lingua galega aprendeuna  nos libros: nos de Rosalía de Castro, a quen admiraba; en dúas importantes antoloxías, e nos poemas galegos de García Lorca, escritor  do que era devoto. Non foi un exercicio literario máis ou menos retórico nun poeta tan responsable. Sen ser galego o seu idioma, as Sete cancións son un acto de entrega á paixón inspirada por Pepita Sabor. Nesa lingua, a namorada balbucira, na Ría de Arousa, as súas primeiras palabras. Ademais das Sete cancións, Bosco escribiu algúns outros versos dos que cómpre salientar un poemiña que lembra a un extraordinario poeta medieval noso, Pero Meogo. Con este poemario, Eduardo Jorge Bosco sitúase entre os mellores poetas alófonos de lingua galega, ese entrañable capítulo onde cantan fermosamente, entre  outros, un catalán (Carles Riba), un andaluz (Federico García Lorca) e unha estadounidense (Annie Marie Morris). A presente edición reproduce en edición facsimilar os poemas galegos de Bosco, tanto nos seus orixinais manuscritos como mecanoscritos, ademais dun extenso estudo do profesor Xesús Alonso Montero, sobre a figura do poéta alófono arxentino e da fortuna dos seus poemas galegos, e da reprodución de diversas fotografías «ad hoc» e cartas da  musa deste fermoso poemario. O volume foi subvencionado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Outros libros do autor en Libreria Porta Da Vila

  • A batalla de Montevideo
    Titulo del libro
    A batalla de Montevideo
    Alonso Montero, Xesús
    Xerais
    Na vella pugna entre defensores e detractores (ou perseguidores) do galego como lingua funcional culta, a Batal...
    No disponible

    20,95 €

  • Escritores
    Titulo del libro
    Escritores
    Alonso Montero, Xesús
    Do castro
    No disponible

    6,00 €

  • Pedro petouto
    Titulo del libro
    Pedro petouto
    Alonso Montero, Xesús
    Xerais
    Este libriño editouse en volume no ano 1974, se ben boa parte dos capítulos desa primeira edición xa se publ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    11,95 €

  • As palabras no exilio
    Titulo del libro
    As palabras no exilio
    Alonso Montero, Xesús
    Xerais
    Construíu no exilio unha obra de poeta, de dramaturgo, de narrador, de  ensaísta e de articulista que constit...
    No disponible

    15,20 €

  • Ramón Piñeiro ou a reinvención da cultura galega
    Titulo del libro
    Ramón Piñeiro ou a reinvención da cultura galega
    Alonso Montero, Xesús
    Galaxia
    Segundo Xesús Alonso Montero, Ramón Piñeiro non só logrou continuar o proxecto tronzado en 1936 senón rein...
    No disponible

Materia en Libreria Porta Da Vila

Xerais en Libreria Porta Da Vila

  • (11).CIENCIAS DA NATUREZA 1º ESO (XERAIS)
    Titulo del libro
    (11).CIENCIAS DA NATUREZA 1º ESO (XERAIS)
    Panadero Cuartero, Juan Eduardo;Lozano Montero, Aurora;Bayón Fernández, Andrés;Olazábal Flórez, Antonio;Argüello González, Juan A.;Fuente Flórez, Rosa
    Xerais
    No disponible

    Consulta a nosa
    Libraría

  • Feminismos
    Titulo del libro
    Feminismos
    Castro Vázquez, Olga
    Xerais
    Feminismos, de Olga Castro e María Reimóndez, é unha guía de viaxe a través da cartografía dos feminismos...
    No disponible
  • FRED QUINCALLA, O NóMADE DO MAR
    Titulo del libro
    FRED QUINCALLA, O NóMADE DO MAR
    Nº 62
    GONZáLEZ COSTA, TERESA
    Xerais
    Esta é unha das moitas historias de Leopolda Diéguez, fascinante narradora e facedora de artes máxicas. Viax...
    No disponible
  • A nena de auga e o príncipe de lume
    Titulo del libro
    A nena de auga e o príncipe de lume
    Docampo, Xabier P.
    Xerais
    No disponible

    6,25 €

  • Fendas abertas
    Titulo del libro
    Fendas abertas
    Taibo, Carlos
    Xerais
    Fendas abertas céntrase na idea da cuestión nacional, abordando a súa relación coa globalización, coa esqu...
    No disponible

    20,95 €