Elementos de crítica literaria

Elementos de crítica literaria

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497822534
Ano de edición:
ISBN:
978-84-9782-253-4
Páxinas:
696
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
UNIVERSITARIA

36,30 €

IVE incluído

Este libro, coordinado polo profesor Arturo Casas, márcase o obxectivo  de elaborar unha achega sistemática e cohesionada sobre a Crítica no marco xeral dos Estudos literarios. Para alcanzalo, comeza por delimitar a identidade da Crítica como disciplina e por dirimir o lugar e funcións que lle corresponden en tanto actividade social, cuestións tratadas no primeiro dos seus tres bloques, "Aspectos teóricos". No segundo e no terceiro, "A Crítica e os xéneros" e "A Crítica e o espazo interartístico", expóñense as claves analíticas de diversos métodos crítico-literarios e efectúanse aplicacións concretas  dos seus operativos sobre os arquixéneros recoñecidos pola Poéticas clásicas ou modernas (narrativa, poesía, teatro e ensaio) e sobre diferentes clases textuais ou discursivas (o diálogo, a descrición, a narración ou a argumentación, entre outras). Tamén se revisan neses percorridos problemas tan relevantes como a experiencia da lectura, a ficcionalidade ou a propia noción de xénero e as súas posibilidades tipolóxicas.  "Elementos de Crítica literaria" é un manual vinculado á ampla experiencia docente e investigadora do grupo de Teoría da literatura e  Literatura comparada da Universidade de Santiago de Compostela (TLLC-USC). Dos capítulos do libro responsabilizáronse especialistas en cada un dos sectores delimitados polo coordinador, de maneira que aos panoramas de conxunto puido sumarse en cada caso un pormenorizado estado da cuestión que presenta con rigor a tradición académica e asemade achega información moi precisa sobre o rico e complexo debate actual en torno ao feito literario e cultural. Son autores da obra: Anxo Abuín González, Silvia Alonso, Fernando Cabo Aseguinolaza, Arturo  Casas, Iris Cochón Otero, César Domínguez, Antonio J. Gil, María do Cebreiro Rábade Villar, Angeles Rodríguez Fontela, Norma Rodríguez González, Iria Sobrino Freire, Teresa Vilariño Picos e Darío Villanueva.

Xerais en Libreria Porta Da Vila

  • Fins do mundo
    Antigo
    Titulo del libro
    Fins do mundo
    Graña, Bernardino
    Xerais
    En 1974 publicou un fermoso libro de relatos: Fins do mundo, animado por Raimundo Patiño. Eran historietas ins...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    11,95 €

  • O meu irmono
    Titulo del libro
    O meu irmono
    O Hematocrítico
    Xerais
    Marta ten un irmán moi raro. É un mono! Un conto de humor sobre as diferentes formas de ver o mundo. ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    11,50 €

  • Recambio dietario xerais 2015
    Titulo del libro
    Recambio dietario xerais 2015
    AA.VV
    Xerais
    No disponible

    9,80 €

  • Os Grouchos
    Titulo del libro
    Os Grouchos
    Rivas, Manuel
    Xerais
    Este libro convoca a unha odisea librepensadora, a unha ecoloxía da liberdade, que ten como porto de partida a...
    No disponible
  • Os comedores de patacas
    Titulo del libro
    Os comedores de patacas
    Rivas, Manuel
    Xerais
    Con «Os comedores de patacas» Xerais reedita un dos libros máis emotivos e lidos de Manuel Rivas. O protagon...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    18,95 €