Estrema. Derrota

Estrema. Derrota

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483023617
Materia
TEATRO
ISBN:
978-84-8302-361-7
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
CENTRO DRAMATICO GALEGO

10,10 €

IVE incluído

Unha temática urbana, contemporánea, universal é a que se percibe en Derrota, obra cronoloxicamente anterior a Estrema. Doce personaxes anónimos, oito homes e catro mulleres, no espacio indeterminado dun parque público, protagonizan unha serie de escenas aparentemente inconexas entre si que progresivamente van adquirindo sentido para chegar a unha coherencia final que lles proporciona significado. A corrupción, a identidade, o paso do tempo, as relacións humanas... o mundo da marxinación, a morte, a droga, a delincuencia, o amor, a esperanza no futuro, todo se presenta ante nós a través das situacións  que viven os personaxes no parque. E unha obra moderna na súa forma, de actualidade na súa temática. E un texto ben escrito e construido, admirablemente dialogado, que utiliza referentes coñecidos e que sabe alternar o cotián co transcendente, evitando o transcendentalismo pero  transmitindo de modo moi eficaz o contido cunha poderosa teatralidade.Tamén hai teatralidade pura en Estrema, un texto redondo na súa forma e no tratamento da súa temática. Estrema é o linde de terras, a demarcación onde se dividen as herdades de distintos donos. Estamos ante un esbozo da Galicia eterna, contemplada con tráxica e amorosa mirada que teme a súa capacidade autodestructiva... Dous homes  maduros -o da esquerda, o da dereita- serán, como os personaxes de Lugar, os polos de actitudes e vivencias opostas. O texto amósanos o protagonismo de dous mundos opostos, o da modernidade fronte ao da tradición, o campo fronte á cidade (e a necesidade de arredar dela), a  falacia dunha ideoloxía progresista urbana fronte á realidade do traballo físico no agro. Estamos ante unhas terras que se venden... unha pedra sinala a demarcación en venda... E unha pedra que sinala tamén os niveis da tolerancia humana. Un metro e medio de terra será metáfora dun abismo, dos límites da existencia, da luz, da escuridade,  do silencio, do podá... o da razón, o da pedra, eterna, inamovible.

Outros libros do autor en Libreria Porta Da Vila

  • Nun mundo hostil
    Titulo del libro
    Nun mundo hostil
    Dans Mayor, Raúl
    Espiral maior, s.l.
    DISPOÑIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    15,00 €

Materia en Libreria Porta Da Vila

Xerais en Libreria Porta Da Vila

  • Contos malvados
    Titulo del libro
    Contos malvados
    Borrazás, Xurxo
    Xerais
    Contos malvados, é un libro de trece relatos, maiormente breves, que teñen todos eles por fío conductor que ...
    No disponible

    11,70 €

  • Poñente
    Titulo del libro
    Poñente
    Tobaruela Martínez, Pere
    Xerais
    O poñente e a súa luz guían os dous protagonistas desta novela: Carme e Josep. Carme é unha muller de hoxe ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    20,50 €

  • Relatos mariñeiros
    Titulo del libro
    Relatos mariñeiros
    Neira Vilas, Xosé
    Xerais
    Relatos mariñeiros componse dunha vintena de narracións curtas que teñen como referencia e inspiración a co...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    17,50 €

  • Rúa Carbón
    Titulo del libro
    Rúa Carbón
    Aleixandre, Marilar
    Xerais
    Paula ten tres avoas, dúas en Donostia e a outra en Vigo. A punto de cumprir os dezasete anos, Maite, a súa n...
    No disponible

    12,00 €

  • As noites de Xián
    Titulo del libro
    As noites de Xián
    Blanco, Concha
    Xerais
    Xián nacera nunha vila mariñeira e a súa casa estaba preto do mar. Desde o seu cuarto escoitaba o romper das...
    No disponible