Gramática insubordinada

Gramática insubordinada

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497821650
Ano de edición:
Materia
LIBROS DE TEXTO
ISBN:
978-84-9782-165-0
Páxinas:
264
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
170
Alto:
240
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

"Gramática insubordinada", preparada polo Obradoiro de Lingua Gianni Rodari tenta operativizar a utopía de xogar a aprender ou de aprender xogando, que tanto ten. Pretende fechar a aula ao aborrecemento converténdoa nun obradoiro de investigación activa, diverxente, disparatada e creadora. E afillada da Gramática da fantasía de Gianni Rodari, curmá da Psicanálise dos contos de fadas de Bruno Bettelheim, neta da Morfoloxía do conto de Vladimir Propp e parente de Alicia no país das marabillas de Lewis Carroll. O Obradoiro de Lingua Gianni Rodari fai pedagoxía de pupitre. Le analizando o proceso creativo e aprópiase da estrutura dos textos de autores recoñecidos para recrealos. Escarva nas feridas máis íntimas, cuestiona as premisas máis sagradas da Gramática. Contos, poemas, adiviñas, palíndromos, farfanías, centónsà, naceron na escrita lúdica e participativa das nosas xuntanzas. Pescudamos textos de diferente complexidade para adaptalos ás diversas idades do alumnado. Levamos os  modelos á escola, vemos como funcionan e tomamos medidas. En cada proposta encontraredes o texto de partida, a recreación nosa e a das nenas e dos nenos. Velaí un acio de receitas para cociñar a Gramática.  Unha escolma de métodos diversos de creación e transformación de textos. De pretextos. Un fío do que turrar para levar a tinta de paseo.

Materia en Libreria Porta Da Vila

Xerais en Libreria Porta Da Vila

  • VACACIÓNS 5 ANOS FLOCOS DE MILLO
    Titulo del libro
    VACACIÓNS 5 ANOS FLOCOS DE MILLO
     
    Xerais
    No disponible

    14,50 €

  • A viaxe de Baldassare
    Titulo del libro
    A viaxe de Baldassare
    Maalouf, Amin
    Xerais
    Ano 1666, o ano do Anticristo. Agoireiros e iluminados percorren os camiños para anunciar que a fin do mundo e...
    No disponible

    26,80 €

  • Salvamos o planeta!
    Titulo del libro
    Salvamos o planeta!
    Larousse Editorial
    Xerais
    Por que hai gaivotas nos vertedoiros? Que é unha marea negra? E o quentamento global? Tan malo é o plástico?...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    16,95 €

  • SOÑO DE INFANCIA
    Titulo del libro
    SOÑO DE INFANCIA
    ROUCO, MONCHO
    Xerais
    A medio camiño entre a lembranza pausada propia dos libros de memorias  e o ritmo vibrante dos relatos de aven...
    No disponible

    19,95 €

  • POEMAS BIROLLOS PARA LER COS OLLOS
    Titulo del libro
    POEMAS BIROLLOS PARA LER COS OLLOS
    Nº 59
    ALONSO, FRAN
    Xerais
    "Poemas birollos para ler cos ollos" é un libro de poesía infantil que  parte dunha concepción lúdica, dive...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    11,50 €