Guía das plantas de Galicia

Guía das plantas de Galicia

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497829397
Ano de edición:
Materia
NATUREZA
ISBN:
978-84-9782-939-7
Páxinas:
512
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
175
Alto:
240
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
NATUREZA

50,95 €

IVE incluído

A Guía das Plantas de Galicia, do prestixioso botánico Xosé Ramón García, é un instrumento imprescindible para o coñecemento básico da actual flora do noso país. A partir dunha terminoloxía sinxela, permítenos a determinación polo miúdo das especies que os estudosos e afeccionados poden atopar nas saídas ao campo ou nos paseos polo seu contorno. O libro comeza cunha introdución xeral na que se trata da recolección,  preparación e conservación das plantas, nomenclatura botánica, posibilidades de internet e xeoloxía de Galicia. Inclúese normativa legal sobre protección dos hábitats naturais, o Catálogo galego de especies ameazadas e o Rexistro de especies de interese galego. Logo, aborda a obra as claves dicotómicas que permiten a determinación ata o  nivel de especie, para entrar nas fichas descritivas das familias e nas 1.386 especies (a maior parte das que aparecen en Galicia), indicándose o nome considerado correcto, sinónimos, nomes populares en  galego e castelán, descrición -con especial atención ás características que teñen valor diferencial-, hábitats máis habituais e época de floración. A Guía das Plantas de Galicia contén, ademais, máis de 1.000 fotografías que ilustran o aspecto xeral da planta ou aspectos relevantes para a súa identificación, así como debuxos nos casos en que se considera oportuno. Esta obra monumental remata cun vocabulario  en que se glosan os termos empregados.

Outros libros do autor en Libreria Porta Da Vila

Materia en Libreria Porta Da Vila

Xerais en Libreria Porta Da Vila

  • NOVO XARDÍN DAS LETRAS. VOGAIS
    Titulo del libro
    NOVO XARDÍN DAS LETRAS. VOGAIS
    AA.VV
    Xerais
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,20 €

  • ABECEDARIO ILUSTRADO
    Titulo del libro
    ABECEDARIO ILUSTRADO
    CANO, CARLES
    Xerais
    27 ilustradores españois e latinoamericanos participan neste abecedario ilustrado. Unha letra por cada do...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    16,50 €

  • Johan de Cangas, Martín Códax. Meendinho
    Titulo del libro
    Johan de Cangas, Martín Códax. Meendinho
    Fernández Freixanes, Víctor / Nicolás Rodríguez, Ramón / Barros Guimeráns, Carlos / Pena Sánchez, Xosé Ram
    Xerais
    No disponible

    51,50 €

  • Todo ben
    Titulo del libro
    Todo ben
    Rivas, Manuel
    Xerais
    Todo ben ábrese coa noticia do asasinato de Andrés Fingoy, un rico emigrante galego aspirante á presidencia ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,50 €

  • Morning Star
    Titulo del libro
    Morning Star
    Miranda, Xosé
    Xerais
    Morning Star é unha novela de odios e amores, de sangue, crimes, tiros, coitelos, persecucións, paixóns e es...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    19,50 €