Guía dos microorganismos das augas continentais

Guía dos microorganismos das augas continentais

Editorial:
Baia
EAN:
9788492630592
Ano de edición:
Materia
BIOLOX?A E XEOLOX?A
ISBN:
978-84-92630-59-2
Páxinas:
360
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
200
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
BAIA VERDE:GUIAS NATUREZA

16,55 €

IVE incluído
Comprar

Nesta Guía, o autor preséntanos, con rigor científico e unha excelente  calidade iconográfica, a gran variedade de microorganismos que viven nas augas doces continentais que tan abundantes son na nosa terra. Non existe ningunha guía destas características, na que se engloben seres vivos pertencentes a cinco Reinos e inclúa unha clave de identificación dos máis frecuentes. O libro comeza cunha parte xeral, que consiste basicamente na descrición dos Reinos e os seus respectivos Phylum, na que se indican os caracteres básicos para diferenciar os grandes grupos. Inclúe, ademais, métodos útiles para o seu cultivo que permiten obter variedade e cantidade de individuos, o que facilita a súa visualización ao microscopio e unha clave de identificación inédita acompañada de máis de 200 debuxos feitos en exclusiva para este libro.  A súa utilización facilita, xunto coas precisas descricións e as 450 fotografías orixinais do autor, o recoñecemento dos organismos que con  maior frecuencia podemos encontrar nestes ambientes acuáticos.

Outros libros do autor en Libreria Porta Da Vila

Materia en Libreria Porta Da Vila

Baia en Libreria Porta Da Vila