Home Unidimensional (Herbert Marcuse)

Home Unidimensional (Herbert Marcuse)

Editorial:
Usc.univ.santiago compostela
EAN:
9788498878516
Ano de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-9887-851-6
Páxinas:
334
Encadernación:
TAPA DURA
lingua:
GALEGO
Ancho:
150
Alto:
240
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
PENSAMIENTO UNIVERSAL

Pensar hoxe en Marcuse leva a evocar decontado as revoltas estudantís dos anos sesenta, en Berlín, Berkeley, París, as loitas contra a guerra do Vietnam, o movemento polos dereitos civís, as proclamas pacifistas ou a denominada New Left. As obras do pensador alemán foron  acollidas con entusiasmo por moitos dos animadores desa diversidade de movementos, en especial dúas: Eros and Civilization (1955) e a obra  que aquí ofrecemos vertida ao galego, One-Dimensional Man (1964). Malia o seu pesimista diagnóstico, O home unidimensional urxía a necesidade dun cambio radical, que nin moito menos podería reducirse a  instancias económicas. Herbert Marcuse, alemán inmigrado e profesor na Universidade de San Diego (California), saltou de pronto aos medios. As súas conferencias nos Estados Unidos de América e en Alemaña e os seus escritos e intervencións en relación coa protesta multiplicáronse. Non obstante, en ningún momento o autor se amosou compracente e se deixou arrastrar pola corrente. Ben en troques, marcou as súas discrepancias a respecto de moitos aspectos dos movementos de contestación social, como a inmediatez ou a falta de profundidade teórica. De aí a súa apelación á importancia da teoría como arma crítica. A obra de Marcuse, en efecto, ocupa un lugar destacado no seo da Teoría Crítica, brillante herdeira da mellor tradición da cultura occidental.

Outros libros do autor en Libreria Porta Da Vila

Materia en Libreria Porta Da Vila

Usc.univ.santiago compostela en Libreria Porta Da Vila