LONG PLAY

LONG PLAY

Editorial:
Xerais
EAN:
9788491212935
Ano de edición:
Materia
POES?A
ISBN:
978-84-9121-293-5
Páxinas:
160
Encadernación:
RUSTICA
lingua:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
220
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
VENTOBRANCO-ABLATIVO ABSOLUTO

18,95 €

IVE incluído
Comprar

" Long Play " soa coma unha poesía incitada polas persuasións da aventura e do risco, conformando unha sorte de " jukebox de autoxeografía " . Estes versos teñen un pé no feitizo do estético, transitando pola benévola tiranía da rima; e outro, na inmediatez da emoción, a da esquina sucia do ring, cando o centro do libro viaxa ás formas máis propias da canción ou da " twitteratura " a ritmo de música e desexo, coma un parteluz que observa a " aritmética beatle " : letras tristes + alegres melodías.
 A " forma " do Long Play navega libertaria cara ás augas de sinxeleza do fondo, tensando as fronteiras do xénero poético que galantea por intres con algún " riff " de humor -se Ian Curtis é de Curtis e Ohio é O Hío, eu a Bueu digo vou, Jhonny, go, go!- e evasións cara " outros territorios posíbeis " ; concíbese o propio proceso de creación como un " crescendo de arte e ensaio " pleno de liberdade e de poesía por si mesmo. As palabras cantan e denuncian, celebran, imaxinan e protestan, concisas e inmersas na observación da experiencia vital: os problemas, os medos  e inquedanzas de quen as escribe, os ollos tisnados da infancia infinda.
 A " ledicia blue " que agroma do triste.
 A loita por habitar os silencios da nosa zona escura.

Outros libros do autor en Libreria Porta Da Vila

  • II Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico
    Titulo del libro
    II Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico
    García Ferreira, Begoña;Pérez Díaz, Lois;Rodríguez Figueiras, Fátima;Vidal Ponte, Roi
    Xerais
    O xurado deste II premio de Teatro radiofónico estivo composto por Cristina Domínguez, directora do Centro Dr...
    No disponible

    16,40 €

Materia en Libreria Porta Da Vila

Xerais en Libreria Porta Da Vila