LUME NO CEO

LUME NO CEO. Trebellos 1

Editorial:
Baia
EAN:
9788499953267
Ano de edición:
Materia
LITERATURA INFANTIL: DE 0 A 12 ANOS
ISBN:
978-84-9995-326-7
Páxinas:
80
Encadernación:
LIBRO EN OTRO FORMATO
lingua:
GALEGO
Ancho:
143
Alto:
210
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
TREBELLOS

Dentro de cen anos. A Terra vive momentos convulsos desde hai tempo, habitada por seres con poderes especiais e sen escrúpulos que loitan por controlar o planeta. Os TREBELLOS CA, RU e XEM, única UNIDADE DA GARDA TERRÁQUEA supervivente da GUERRA INFINITA, son o último reduto de esperanza do noso mundo.
 
 ***
 
 Con esta sinopse Pere Tobaruela inicia Lume no ceo, a primeira entrega  de Trebellos, unha serie protagonizada por robots cunhas características moi peculiares que vivirán aventuras terrestres e interestelares para garantir a supervivencia do noso planeta, danado pola acción humana ata estremos perigosos.
 
 O ilustrador Víctor Boullón dá vida a estes seres robóticos, creados para defender o noso mundo contra outras máquinas que queren impor o seu dominio na Terra, levándoa case ata a aniquilación.
 
 A serie Trebellos é unha aventura literaria que serve para gozar da lectura, pero tamén para poñer enriba da mesa o cada vez máis incerto futuro do noso planeta.

Materia en Libreria Porta Da Vila

Baia en Libreria Porta Da Vila