Manual práctico de galego

Manual práctico de galego

Editorial:
Baia
EAN:
9788496526471
Ano de edición:
Materia
LIBROS DE TEXTO
ISBN:
978-84-96526-47-1
Páxinas:
432
lingua:
GALEGO
Ancho:
140
Alto:
220
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

24,00 €

IVE incluído

O Manual práctico de galego forma parte da colección que Baía Edicións  dedica a poñer en mans das persoas interesadas en coñecer o noso idioma uns manuais de fácil comprensión, ao tempo que proporcionar uns  textos para aqueles que precisen dunha forma rápida e segura resolver  dúbidas a respecto da escrita do galego.
 
 
 
 O presente manual resulta un material didáctico moi eficaz para os cursos de iniciación e perfeccionamento do idioma galego promovidos polas nosas autoridades educativas e culturais tanto no noso país como  naqueles territorios con poboacións de tradición galegofalante, para os cursos de formación de adultos en lingua galega, para a preparación  de oposicións ás distintas administracións actuantes en Galiza, como repaso dos coñecementos adquiridos e complemento dos traballos de lingua para os últimos cursos da ESO, Bacharelato e Formación Profesional, e un texto de consulta inmediata para as persoas que xa fan do galego o seu medio vehicular de comunicación.
 
 
 
 O manual, que se adapta ás Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego aprobadas pola Real Academia Galega en sesión plenaria do 12 de xullo de 2003, estrutúrase en dúas partes: unha de teoría, para coñecer os porqués, e outra máis práctica, cunha ampla proposta de exercicios. A súa solución recóllese ao final do manual, coa intención de axilizar a comprobación da exactitude das respostas dadas.
 
 
 
 Realizado coa intención de ensinar do xeito máis ameno posíbel, trata tamén de dar unha visión actualizada do galego de hoxe, e axudar a que  o noso idioma sexa un vehículo lingüístico máis accesíbel e máis empregado, non só na fala, viva e forte a pesar dos atrancos que aínda  na actualidade sofre, senón tamén na forma escrita, por desgraza, máis inusual.

Outros libros do autor en Libreria Porta Da Vila

  • MANUAL PRÁCTICO DE GALEGO
    Titulo del libro
    MANUAL PRÁCTICO DE GALEGO
    Beltrán Carballeira, Ramón X.
    Baia
    Nova edición corrixida. 2019  O Manual práctico de galego forma parte da colección que Baía Edicións&...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    31,70 €

  • GALEGO PRACTICO NA AULA
    Titulo del libro
    GALEGO PRACTICO NA AULA
    RAMON X. BELTRAN CARBALLEIRA
    Baia edicions
    No disponible

    10,00 €

Materia en Libreria Porta Da Vila

Baia en Libreria Porta Da Vila

  • A terra acatarrouse
    Titulo del libro
    A terra acatarrouse
    Marie Galliez, Roxane
    Baia
    Despois da chuvia sempre sae o sol. Porque non sempre existen as palabras para abordar os temas sensibles. ...
    No disponible
  • Tres en raia
    Titulo del libro
    Tres en raia
    Nº 43
    Martínez Oca, Xosé Manuel
    Baia
    'Tres en raia' é a metáfora que tres mozos ourensáns utilizan para selar unha amizade que se propoñen perpe...
    No disponible
  • Animais de compañia
    Antigo
    Titulo del libro
    Animais de compañia
    AA.VV
    Baia
    Neste marabilloso libro interactivo, os máis pequenos espertan os sentidos tocando e escoitando os animais. ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    14,90 €

  • Os deuses do Olimpo
    Titulo del libro
    Os deuses do Olimpo
    De Cal Cortina, Matilde
    Baia
    Primeiro dos tres tomos da mitoloxía clásica na arte e na literatura galegas. Neste título estúdanse os deu...
    No disponible
  • Guía micoloxica ecosistemas galegos
    Titulo del libro
    Guía micoloxica ecosistemas galegos
    AA.VV
    Baia
    Esta guía, que recolle as 556 especies máis habituais en Galicia, é especialmente importante para a Micolox...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    16,55 €