Materia prima

Materia prima

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483028407
Ano de edición:
Materia
LITERATURA CL?SICA
ISBN:
978-84-8302-840-7
Páxinas:
272
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
NARRATIVA

16,85 €

IVE incluído

Materia prima é un mapa, unha cartografía que orienta ao lector a través da narrativa galega contemporánea. Este é o seu estado actual, unha importante aproximación antologada e prologada polos críticos literarios Ramón Nicolás e Armando Requeixo. Son, todos, relatos inéditos de autores e autoras de recoñecido prestixio, dezasete relatos escritos especialmente para a ocasión, boa materia prima transformada en ricaz expresión dun tesouro creativo do noso presente e do porvir literario máis inmediato. Unha antoloxía da narrativa galega do século XXI que convida soñar e que confirma a vizosidade e vitalidade desta nosa República das Letras.O obxectivo do presente volume é ofrecer aos lectores galegos unha antoloxía epocal da mellor narrativa curta galega daqueles autores que publicaron unha parte substantiva da súa mellor producción xa na pasada década: "O coitelo en novembro " (Marilar Aleixandre), "o día das torres" (Fran Alonso), "O cura de Fruíme" (Anxo Angueira), "Pena dos Anacares" (Xurxo Borrazás), "Tombstone Blues (Xosé Carlos Caneiro), "Confesións dun asasino criminal (Cid Cabido), "Hotel Arriaga" (Bieito Iglesias), "Un cabaleiro de aire soña" (Ramón Loureiro), "Tarxete vermella" (Xosé Miranda), "Os outros" (Miguel-Anxo Murado), "A illa dos lemures (Xavier Queipo), "Báñate comigo (teoría e práctica)" (Luís Rei Núñez),  "Idaciano F.C." (Antón Riveiro Coello), "A voda máis bonita do mundo"  (Xurxo Souto), "A roupa alí tirada" (Suso de Toro), "Ama de chaves" (Xesús Manuel Valcçarcel) e "Máis alá das raíces" (Luísa Villalta). Cada un dos textos vai precedido por unha ampla ficha bibliográfica de  cada un dos autores e autoras. O resultado é un volume singular que reflicte a vitalidade e diversidade amosada pola narrativa galega nos Ãºltimos anos: dende a súa orixinalidade e apertura temática, a peculiar e diversa forma de entender a comunicación literaria de cada un deles, ata a influencia do mundo audiovisual, na súa maior parte.

Materia en Libreria Porta Da Vila

Xerais en Libreria Porta Da Vila

  • As despedidas
    Titulo del libro
    As despedidas
    F. Santomé, Cecilia
    Xerais
    «O avó morreu hoxe. Ou quizais foi onte». Así, entre titubeos, arrinca  esta crónica íntima dun dó con s...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    17,95 €

  • Pronto hei de volver
    Titulo del libro
    Pronto hei de volver
    Castro Moure, Amador
    Xerais
    Para Chiqui, todo comezou cunha bala. Mais antes, para que ela chegase  a existir, foi precisa a emigración a ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    19,50 €

  • (G).(08).MATEMATICAS 1O.BACH.(C.SOCIAIS) (XERAIS)
    Titulo del libro
    (G).(08).MATEMATICAS 1O.BACH.(C.SOCIAIS) (XERAIS)
    Arias Cabezas, José María;Maza Sáez, Ildefonso
    Xerais
    No disponible

    35,55 €

  • Cristo e san Pedro, peregrinos
    Titulo del libro
    Cristo e san Pedro, peregrinos
    Graña, Bernardino
    Xerais
    No disponible

    13,80 €

  • Unha veciña de película
    Titulo del libro
    Unha veciña de película
    Misa, Iria
    Xerais
    O verán preséntase longo e aburrido para os xemelgos Elsie e Simón, mais todo dá un xiro inesperado cando c...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,50 €