Música de Nadal

Música de Nadal

Editorial:
Armonia universal
EAN:
9788494100796
Ano de edición:
Materia
NARRATIVA
ISBN:
978-84-941007-9-6
Páxinas:
224
Encadernación:
TAPA DURA
lingua:
GALEGO
Ancho:
240
Alto:
320
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

Manuel Feijoo, o autor das partituras desta Música de Nadal, está estos días celebrando aló no Alén, logo de sentar entre os músicos do Pórtico da Gloria as bodas de ouro da data na que el, co seu Orfeón  Terra a Nosa, se puxera de longo no mundo musical aquela noite do 24 de Nadal do ano 1966, cando apareceu na pantalla de rtve entrando nas ceas de Noieteboa de moitas casas e familias co agasallo
 das primeiras panxoliñas da súa propia man: intérpretes e composicións. Manuel Feijoo viñera facendo música sobre pentagramas secretos de moito tempo atrás. Agora, logo desta data, comezaba a romper os currunchos e agochos ocultos do seu convento franciscano e aquela riqueza persoal fíxose de goce e dominio público ó tempo que ía aumentar de vez o seu fervor, teima e obra compositivos ate contar no seu opus artístico nadaleiro con máis de 40 títulos. Este opus completo do ciclo de Nadal aparece hoxe aquí, compilado neste libro. Ó compositor e mestre Manuel Feijoo a prensa da Bretaña Francesa, logo  da súa actuación no Festival Intercéltico de Lorient de 1982, chamáralle o franciscano de Galicia, e no seguinte Festival de Música Celta de Ortigueira foi alcumado o franciscano galego de Ourense polos medios da nosa terra. Logo, ou ó mesmo tempo, sempre co seu Orfeón, seguiron as xiras nacionais e internacionais do evanxelio nadaleiro feijoniano: Lisboa, Coimbra, Oporto (1982); Alemania (1973) e Austria (1979) con actuacións en Essen, Colonia, Munich e Salzburgo; París, Versalles, Amsterdam, Bruxelas (1975); Londres (1975), Roma (1975 e 1983), Arxentina, Uruguay, Chile e Venezuela (1991). Desde o primeiro día, en todo Galicia. Foi entón cando el, a súa música e a súa coral foran cosiderados nos ambientes e nos recintos dos melómanos e público en xeral como a embaixada dos cantores do Nadal. Daquela a música de Nadal de Manuel Feijoo soa e resoa no ar da Europa  Central, da Europa Mediterránea, das Illas Británicas e máis aló do Atlántico. A partir de hoxe, coa publicación deste novo volume no que aparecen publicadas, amáis das súas famosas panxoliñas coa letra de Torre Enciso, moitas outras partituras pouco e menos coñecidas ou prácticamente inéditas, xa non queda o gran retablo do Nadal de Feijoo tan só nas ás do ar, senón tamén e definitivamente fixadas no seguro e ventaxoso ferro da memoria do documento público escrito e publicado.

Outros libros do autor en Libreria Porta Da Vila

  • Música da nosa terra
    Titulo del libro
    Música da nosa terra
    Feijoo, Manuel
    Armonia universal
    O título deste volume da obra musical do Padre Manuel Feijoo non se debe de entender de ningún modo en sentid...
    No disponible

Materia en Libreria Porta Da Vila

  • EL CASO DEL BANQUERO ASESINADO
    Titulo del libro
    EL CASO DEL BANQUERO ASESINADO
    Nº 380
    de Angelis, Augusto
    Siruela
    La novela que inauguró el género negro en Italia. El primer caso del comisario De Vincenzi.   ...
    No disponible
  • El temps de les cireres
    Titulo del libro
    El temps de les cireres
    Roig, Montserrat
    Edicions 62
    Després d'haver viscut durant dotze anys a FranÇa i Anglaterra, la Natália torna a la Barcelona dels anys se...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    19,50 €

  • Palabras de placer
    Titulo del libro
    Palabras de placer
    Nº 2
    Montagud, Elena
    Grijalbo
    Tras la sensualidad explosiva de Trazos de placer, llega ahora una novela igual de intensa y aún más apasiona...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias..)

    17,90 €

  • LIMPIEZA NATURAL
    Titulo del libro
    LIMPIEZA NATURAL
    Green, Fern
    Alianza
    ¿Quieres saber más acerca de los ingredientes que empleas en la limpieza de tu hogar? ¿Estás harto de usar ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    19,95 €

  • Lo ultimo en chistes de Jaimito
    Antigo
    Titulo del libro
    Lo ultimo en chistes de Jaimito
    AA.VV
    Hermetica - robin book
    DISPOÑIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    7,49 €

Armonia universal en Libreria Porta Da Vila