Narcos

Narcos

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483026298
ISBN:
978-84-8302-629-8
Páxinas:
352
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
220
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
NARRATIVA

O empresario vigués Mario Cendán, un pai ferido pola morte da súa filla por sobredose, encarga a Nivardo Castro -un detective madrigalego, serio, un aventureiro internacional con experiencia abonda- que fure a fondo no mundo dos narcotraficantes, un xeito de facerlles perder o sosego e a tranquilidade na que desenvolven a súa actividade. Enleado na resolución dun caso tan pouco frecuente, Nivardo coñecerá que un gran alixo de drogas vai cruzar o Atlántico para ser desembarcado na costa galega. Un xuíz teimudo está sobre aviso e disponse a interceptalo para dar un golpe de morte ó narcotráfico galego e colombiano. A trama complícase coa inesperada aparición doutro alixo en marcha e cun axuste de contas entre dous reis da fariña, herdeiros do vello amo do fume Don Orlando, que segue desde o cárcere atento ós movementos do seu negocio de contrabando de tabaco e haxis, manexado, agora, polo seu avogado Lito Ferro.Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde (os xa familiares personaxes de Crime en Compostela, O misterio do barco perdido e A guerra do tabaco)  e a fotógrafa nova María Candea teñen un miradoiro privilexiado neste  labirinto de fogos cruzados entre os Mingallos, os Castaños, os grupos de Roque Caruncho e de Eustaquio Lamote, as activas bandas do narcotráfico de cocaína, con importantes conexións internacionais, que  se moven nas Rías Baixas, entre as poboacións de Vilavedra, Marmaariz, Beiramar, Vilarousa, Grobas, Illarón e Salgueiros. Mentres desenvolven a súa perigosa investigación, onde acadarán un protagonismo decisivo, a esta aliaxe inquebrantable sóbralles tempos para facer ximnasia da lingua nos seus garitos composteláns preferidos, onde nunca faltan o xornalista Darío Berdial, o fotógrafo Elpidio Bandeira, Luís do Cerne ou o concelleiro Estevo Xiráldez. Narcos posúe dende o inicio unha acción trepidante, de ritmo forte e rápido, que arrastra ó lector compulsivamente ata un final violento e imprevisto.

Outros libros do autor en Libreria Porta Da Vila

  • HEMINGWAY DESDE ESPAÑA
    Antigo
    Titulo del libro
    HEMINGWAY DESDE ESPAÑA
    Nº 53
    REIGOSA, CARLOS
    Visor libros
    DISPOÑIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    9,62 €

  • Narcos
    Titulo del libro
    Narcos
    Reigosa, Carlos G.
    Plaza & janes
    No disponible

    16,50 €

  • O misterio do barco perdido
    Titulo del libro
    O misterio do barco perdido
    Reigosa, Carlos G.
    Xerais
    Un barco galego desaparece nas augas do banco de pesca do Sahara. A exploración da zona por buques da Mariña ...
    No disponible
  • Crim a Compostel.la
    Titulo del libro
    Crim a Compostel.la
    Carlos Gonzalez Reigosa
    Bromera edicions
    No disponible
  • A guerra do tabaco
    Titulo del libro
    A guerra do tabaco
    Reigosa, Carlos G.
    Xerais
    Don Orlando, o máis veterano dos contrabandistas galegos de tabaco, olla dende o seu castelo de Miraventos a r...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    22,95 €

Xerais en Libreria Porta Da Vila

  • O fin dun canto
    Titulo del libro
    O fin dun canto
    Méndez Ferrín, X. L.
    Xerais
    Xosé Luís Méndez Ferrín (Ourense, 1938) é un dos autores máis representativos da nosa literatura. Como na...
    No disponible
  • A lúa dos Everglades
    Titulo del libro
    A lúa dos Everglades
    Marcos López, Xesús Manuel
    Xerais
    Antón, Dosinda, e Luís, os Quintelo, tres velliños gallegos, que foran  propietarios da panadaría A Primave...
    No disponible

    19,95 €

  • Unha mente que voa
    Titulo del libro
    Unha mente que voa
    Mariño, Xurxo
    Xerais
    Agora mesmo, ao ler estas liñas, estás a utilizar a habilidade máis sorprendente e extraordinaria da túa me...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    20,95 €

  • Contos de Grimm
    Titulo del libro
    Contos de Grimm
    Grimm, Jacob;Grimm, Wilhelm
    Xerais
    Este fermoso libro de agasallo inclúe os mellores contos dos irmáns Grimm, traducidos para o galego por Xabie...
    No disponible

    35,95 €

  • Proxecto ¡interesame! os xogos olimpicos 3 anos
    Titulo del libro
    Proxecto ¡interesame! os xogos olimpicos 3 anos
    AA.VV
    Xerais
    No disponible

    21,00 €