NUNHA PRESA DE TERRA
 IBD

NUNHA PRESA DE TERRA

Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484872832
Ano de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-8487-283-2
Páxinas:
184
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Colección:
NARRATIVA

16,00 €

IVE incluído
Comprar

Esta é unha novela con moitas máis cousas, pero eu fíxome sobre todo nunha: a portentosa descrición da vida labrega de cando Paco Castro e mais eu eramos tamén nenos labregos, el por terras do Incio e eu pola Terra Chá, que ó fin e ó cabo vénvos sendo o mesmo. Pero aquí non hai ningún etnografismo, hai vida. Os personaxes son verdadeiros: son persoas, non tipos. Eu non os coñecín, pero recoñézoos con todas as súas luces e sombras, con todas as súas infinitas facetas: o pai atormentado polo seu alcoholismo irremediable, a prodixiosa mai intelixente e valorosa e triste, o amor imperfecto pero fatídico entre  os dous, a esperanza terque no futuro. E o neno que medra e cambia. E  a vida tal como é, ou como era.
Coincide o tempo desta novela cunha mudanza feroz: Paco Castro e mais eu nacemos case na agricultura  neolítica, e nos anos da nosa infancia e mocidade unha cultura milenaria foi destruída sen dar lugar a algunha cousa nova e propia, senón a unha aculturación, a unha asimilación, a unha colonización. Isto é algo que tamén conta John Berger de sitios que chamamos Francia. E o mesmo: Paco Castro cóntao de nós, e tampouco non fai etnografía, porque el está radicalmente da parte de dentro.
 Podiamos meternos en comparanzas, pero isto é diferente: diferente das  grandes novelas de nenos labregos da nosa literatura, que son, digo eu, as Aventuras de Alberte Quiñoi e as Memorias dun neno labrego. Isto é outra cousa: está máis preto de nós. E doe máis. Cantas veces pensaría eu en escribir unha novela así, e nunca me atrevín! Grazas a Paco Castro por escribila e darma a ler.
Darío Xohán Cabana

Outros libros do autor en Libreria Porta Da Vila

Materia en Libreria Porta Da Vila

  • El Algebrista
    Titulo del libro
    El Algebrista
    Banks, Iain M.
    Factoria de ideas
    4034 d. C.: Respaldado por los Mercatoria, miembros de una orden religiosa y militar de la que apenas sabe nada...
    No disponible

    25,95 €

  • Unamuno
    Titulo del libro
    Unamuno
    Zambrano,Maria
    Debolsillo
    Un esclarecedor ensayo inédito de la escritora María Zambrano sobre la  figura y la obra de don Miguel de Una...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    12,95 €

  • AL AIRICO DE LA TIERRA (DIARIO NOTICIAS)
    Titulo del libro
    AL AIRICO DE LA TIERRA (DIARIO NOTICIAS)
    JIMENO JURIO, JOSE MARIA
    Pamiela editorial
    No disponible
  • Comèdies, vol. III: Formió
    Titulo del libro
    Comèdies, vol. III: Formió
    Nº 127
    Terenci
    Alpha
    No disponible
  • Praga Mágica
    Titulo del libro
    Praga Mágica
    Nº 39
    Ripellino, Angelo Maria
    Siruela
    Este prodigioso fresco de la vida en la Ciudad de las Cien Torres consigue captar, en su plena esencia, los cla...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias..)

    26,00 €

Laiovento (ibd) en Libreria Porta Da Vila