O atentado

O atentado

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483023945
ISBN:
978-84-8302-394-5
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
NARRATIVA

16,65 €

IVE incluído

En O atentado, Cándido, natural dunha pequena aldea do Val de Lemos, sofre a tortura de verse chantado no corazón da capital de España entre un roncudo e estralicante mar de gomas e ferros. Baixo o seu casco branco de garda de tráfico, ocúltase un fresco sombreiro de palla. Opresivo como L´étranger, o sol madrileño de O atentado pon a luz para unha longa proxección na mente do protagonista: a lembranza dun mundo labrego e familiar definitivamente perdido, o reencontro imposible coa natureza e coa infancia, a nostalxia dun espacio válido para as relacións humanas fronte á dureza metálica e abafante das grandes urbes. O atentado móstranos, mediante un perfecto tecido de Ã©pocas e lugares, o conflicto que supuxo para milleiros de galegos abandonar as aldeas, xa en decadencia, para se converter en inxertos nun contexto sociocultural adverso.O atentado é unha novela de contrapunto que alterna admirablemente o monólogo interior coa narración retrospectiva, o espacio urbano co aldeán, a violencia coa tenrura. Ferreiro creou espacios, tempos e contrapuntos sen que se noten as soldaduras. Cándido é un pobre labrego, por iso Madrid o afoga e o aniquila, anque alí terá que seguir pois nunca poderá fuxir no tren dos seus soños que baixa poal Gran Vía camiño de Galicia, ata ser destruído dunha maneira dramática e inesperada.O atentado é unha historia de morte e amor, na que Fernández Ferreiro confesa que hai moito de si mesmo, constituíndo unha grande homenaxe a súa aldea perdida. Tecida plano a plano, é un dos froitos máis logrados da artesanía literaria deste grande novelista labrego e afiador.

Outros libros do autor en Libreria Porta Da Vila

  • De Xente Nova a Brais Pinto
    Titulo del libro
    De Xente Nova a Brais Pinto
    Fernández Ferreiro, Xosé
    Xerais
    A comezos da década de 1950 Xosé Fernández Ferreiro funda en Ourense, xunto a Víctor Campos e outros compaÃ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    19,50 €

  • Ulcis
    Titulo del libro
    Ulcis
    Fernández Ferreiro, Xosé
    Xerais
    Xosé Fernández Ferreiro comezou a deseñar o personaxe de "Ulcis" entre  1958 e 1963 e traballou nel ao longo...
    No disponible
  • Agosto do 36
    Titulo del libro
    Agosto do 36
    Fernández Ferreiro, Xosé
    Xerais
    En Agosto do 36, Xosé Fernández Ferreiro aborda, con todo o dramatismo  que comporta, o tema da guerra civil ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    19,50 €

  • A fraga dos paxaros salvaxes
    Titulo del libro
    A fraga dos paxaros salvaxes
    Fernandez Ferreiro, Xose
    Xerais
    No disponible

    12,25 €

  • Morrer en Castrelo do Miño
    Titulo del libro
    Morrer en Castrelo do Miño
    Fernández Ferreiro, Xosé
    Xerais
    No ano 1966, o fermoso e productivo val de Castrelo foi asolagado por Fenosa para construír un encoro, co úni...
    No disponible

    11,25 €

Xerais en Libreria Porta Da Vila

  • O home do traxe branco
    Titulo del libro
    O home do traxe branco
    Muela Quesada, Herikberto
    Xerais
    Nun caloroso día de verán prodúcese un grande incendio nun bosque de Galicia. Pola noite, uns rapaces descob...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    12,65 €

  • SOMOS OS MONSTROS
    Titulo del libro
    SOMOS OS MONSTROS
    Nº 25
    Carballeira, Paula
    Xerais
    Unha nena e un neno pérdense cando saen a xogar no bosque arrasado polo último incendio.  Un monstro gra...
    No disponible

    15,95 €

  • FÓRA DE SI
    Titulo del libro
    FÓRA DE SI
    Nº 422
    De Toro, Suso
    Xerais
    Tras visitar o seu pai na residencia, o neurocirurxián Ricardo Marzoa está sobrepasado, fóra de si, pésalle...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    18,95 €

  • ANTIGO/ LABIA.LECTURAS.1O/SEPARADO XERLIN
    Titulo del libro
    ANTIGO/ LABIA.LECTURAS.1O/SEPARADO XERLIN
    Colectivo Xirimbao
    Xerais
    No disponible

    5,75 €

  • A cidade do átomo
    Titulo del libro
    A cidade do átomo
    Nº 312
    Misa, Iria
    Xerais
    Tras a explosión no reactor 4 da planta nuclear de Chernóbil todo semella inerte na cidade do átomo. Desde a...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,95 €