O Estatuto de Galicia

O Estatuto de Galicia. 20 anos de parlamento e xustiza constitucionais

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483029756
ISBN:
978-84-8302-975-6
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
UNIVERSITARIA

33,25 €

IVE incluído

"O Estatuto de Galicia. 20 anos de parlamento e xustiza constitucionais" é unha obra que pon ó día a praxe autonómica galega. Parte da teoría estatutaria de 1981 e analiza polo miúdo a interpretación que o Tribunal Constitucional dá na súa xurisprudencia dos ámbitos de actuación dos poderes públicos galegos. O autor, Xosé Antón Sarmiento Méndez, letrado do Parlamento de Galicia, presenta, seguindo a sistemática do texto do "Estatuto de Galicia", un percorrido detallado de toda a normativa (legal e regulamentaria) que o desenvolve, e achega unha escolma bibliográfica de grande utilidade.  Trátase dun libro que proporciona unha información exhaustiva sintetizada dun xeito sistemático que procura facilita-la comprensión e aplicación do ordenamento xurídico de Galicia e a conflictividade entre o Estado e a Xunta de Galicia dende 1981 a 2003, presentando pois evidente interese para os que se aproximen á experiencia autonómica galega, tanto dende unha perspectiva estrictamente xurídica  como dende a análise politolóxica.Este tratado pon sobre a mesa problemas de grande actualidade como o do rendemento institucional dos  poderes públicos autonómicos, necesidade de reforma do texto estatutario versus novas fórmulas federais ou confederais, os límites da autonomía galega ou o papel do Tribunal Constitucional como supremo  intérprete da Constitución e, en xeral, do que denomina "bloque de constitucionalidade". O libro vai precedido dunha presentación de Aurelio Miras Portugal, actual Conselleiro de Emigración da Xunta de Galicia, que sinala "a calidade e densidade dunha magnífica obra xurídica, que agocha todo un contido humano".

Outros libros do autor en Libreria Porta Da Vila

Xerais en Libreria Porta Da Vila

  • Animais fantásticos de aldea
    Titulo del libro
    Animais fantásticos de aldea
    García Martínez, Andrea
    Xerais
    O galiñeiro do señor Benito anda alborotado: as galiñas están fartas de vivir explotadas para acabar servid...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,50 €

  • Manual de lingua galega II. Solucionario. Teoría e práctica. Nivel superior.
    Titulo del libro
    Manual de lingua galega II. Solucionario. Teoría e práctica. Nivel superior.
    Granxa González, Xosé Antón;Méndez Álvarez, María Xesús
    Xerais
    No disponible

    12,05 €

  • Atl
    Titulo del libro
    Atl
    Lourenzo González, Manuel
    Xerais
    Atlántida, Atlantis, Atl. O continente perdido. Moito se ten falado desta terra lendaria sen que aínda hoxe s...
    No disponible
  • De provincia a nación
    Titulo del libro
    De provincia a nación
    Beramendi González, Justo
    Xerais
    De Provincia a nación. Historia do galeguismo político é unha investigación sistemática da natureza e evol...
    No disponible

    56,70 €

  • Antela, a memoria asolagada
    Titulo del libro
    Antela, a memoria asolagada
    Martinez Carneiro, Xose Luis
    Xerais
    O sudeste de Galicia, na comarca da Limia, existiu ata 1958 unha das lagoas máis importantes da Península Ib...
    No disponible

    37,95 €