O mundo e nós

O mundo e nós

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483024065
ISBN:
978-84-8302-406-5
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
CRONICA

9,80 €

IVE incluído

O mundo e nós achega unha visión persoal sobre a integración de Galiza  no mundo actual e os problemas e desafíos que ten que enfrontar a sociedade galega. Este brillante ensaio está moi influído pola actividade profesional do autor, Enrique Sáez Ponte, vencellado ao mundo financieiro -ocupando postos de dirección no Banco Pastor e no seu grupo-, onde cada vez hai menos barreiras e onde a globalización é  algo real e influínte. Por outra banda, a reflexión insírese na situación presente de Galicia, unha terra aínda non pechada e sometida  a importantes restriccións debidas a un dificultoso pasado. Do diálogo entre a experiencia profesional e a realidade vital xorde O mundo é nós, unha obra que incorpora perspectivas novas e suxerentes sobre temas de grande actualidade no noso país.O mundo e nós busca, unha interpretación da posición de Galiza no mundo. A primeira parte do libro, "O mundo" aborda a evolución recente do estado-nación, con referencias ao que estar a pasar en diversas partes do planeta. A parte máis longa do ensaio adícase a Galiza, "Nós", centrándose principalmente na evolución do país nas últimas décadas do século, cunha referencia previa á herdanza histórica, cultural, social e económica que condiciona este período. O autor aborda cuestións relacionadas coa posición periférica de Galicia no ámbito europeo e cos elementos de dinamización e apertura.Remátase o libro cun apartado  sobre algunhas encrucilladas nas que probabelmente Galiza vai ter que  elixir, nos próximos vinte anos: a dialéctica entre subsídios e soberanía, a conformación dun País artellado ou desartellado, a consolidación dun modelo idiomático aberto ou pechado, e os criterios para competir nunha economía global que van dende a actual dimensión das nosas empresas, o crecimento do capital humano ata os recursos naturais e o noso patrimonio.O mundo e nós está redactado dende posicións abertas. Un libro, moi significativo no actual debate económico, político e social do país.

Outros libros do autor en Libreria Porta Da Vila

Xerais en Libreria Porta Da Vila

  • As Cantigas de Santa María
    Titulo del libro
    As Cantigas de Santa María
    Fidalgo, Elvira
    Xerais
    As Cantigas de Santa María son o punto final dunha longa tradición literaria en loanza da Virxe María. Obra ...
    No disponible

    27,00 €

  • O SOÑO DO MERLO BRANCO
    Titulo del libro
    O SOÑO DO MERLO BRANCO
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Xerais
    Grou, o Merlo Vello, ensínalles aos merliños máis novos todo aquilo canto deben saber para sobrevivir. Buleb...
    No disponible
  • A intervención
    Titulo del libro
    A intervención
    Moure, Teresa
    Xerais
    Un pianista retirado, unha dermatóloga, o fillo desta, estudante universitario, e mais unha das súas profesor...
    No disponible
  • Agnus patris
    Titulo del libro
    Agnus patris
    Becerra Arrojo, Afonso
    Xerais
    No disponible

    10,10 €

  • GALIELEO NO ESPELLO DA NOITE
    Titulo del libro
    GALIELEO NO ESPELLO DA NOITE
    Paz, Xabier
    Xerais
    Galileo, un dos astrónomos máis célebres da humanidade, vese proscrito  de vello, condenado polo Santo Ofici...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    21,95 €