O Pazo Baleiro

O Pazo Baleiro

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483027486
ISBN:
978-84-8302-748-6
Páxinas:
160
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
130
Alto:
190
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
SOPA DE LIBROS

10,50 €

IVE incluído
Comprar

A Nicolás anóxao a escola pero pásao fenomenal cando visita seu Tío Delio, que é reloxeiro e vive nun vello vagón de tren, que el mesmo amañou. Alí, tío e sobriño consultan libros e pasan os mellores momentos observando o curioso mecanismo dos reloxos e a engrenaxe das súas diferentes pezas. Un día, na caixa dun reloxo antigo, descobren un antigo cofre que contén unhas cartas de amor -que fan referencia a desavinzas familiares, herdos e a un obxecto misterioso-, un pano cunhas iniciais bordadas que envolve unha presa de xoais e unhas moedas antigas. Daquela deciden investigar. Para iso conta con Ramiro,  Sol e Társila, os amigos de Nicolás. As esculcas levaranos a contactar cun anticuario da cidade e despois cunha señora pertencente a unha familia nobre que era a propietaria dun pazo deshabitado de Eiravela, de onde inicialmente procede o reloxo. Todos os catro acodirán ao pazo nunha misión un tanto arriscada, pero chea de sorpresas.Xabier P. Docampo en O Pazo Baleiro deixa albiscar a súa afección pola literatura de aventuras cando eses catro amigos tratan de desenredar xuntos un misterio da aldea onde viven e que se remonta a tempos moi afastados. Docampo retrata con eses catro nenos catro universos diferentes: a rapaza tímida, a valente, o neno independente e o honesto, catro calidades coas que os rapaces conseguirán o que se propoñen. Pero aínda hai algo máis. Amais dunha historia de aventuras tamén o é de solidariedade, de comprensión e de respecto á diferencia pois o misterio comézao Delio, que é o retrato dun ser marxinal, extravagante, incomprendido, pero apaixonado polo seu traballo e cómplice co seu sobriño, a quen lle demostra que o importante é actuar  como un pensa.En O Pazo Baleiro, como nas mellores novelas de aventuras, o lector ou a lectora sente que hai algo prohibido. Unha novela de corte clásico que de seguro ha cumprir un dos desexos do autor. "Gústame pensar que para cada libro que escribo existe alguén a  quen lle gusta lelo".

Outros libros do autor en Libreria Porta Da Vila

Materia en Libreria Porta Da Vila

  • AMICS VAMPTASTICS
    Titulo del libro
    AMICS VAMPTASTICS
    Nº 2
    Wilson, Anna
    Baula
    No disponible
  • EL BOSQUE ENCANTADO
    Titulo del libro
    EL BOSQUE ENCANTADO
    Nº 1
    Blyton, Enid
    Rba molino
    A dos pasos de su nueva casa, en el Bosque Encantado, Joe, Beth y Frannie acaban de descubrir un árbol mÃ...
    No disponible

    15,95 €

  • El colom de la Pu
    Titulo del libro
    El colom de la Pu
    Soler, Teresa
    Bromera edicions
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    3,00 €

  • La cambra blava
    Titulo del libro
    La cambra blava
    Scheffler, Ursel
    Del pirata, edicions
    En aquest llibre, el comissari Llampec resol tretze casos en un tres i  no res. Tant desemmascara un estaf...
    No disponible
  • Avivament Fans 9-10
    Titulo del libro
    Avivament Fans 9-10
    Els editors de Catapulta
    Catapulta catalan
    Una col·lecció de llibres de preguntes i respostes adequades a cada edat, amb format de ventall, per a aprend...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    8,50 €

Xerais en Libreria Porta Da Vila