O Señor dos Aneis I

O Señor dos Aneis I. A Irmandade do Anel

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483026830
Materia
LITERATURA INFANTIL: DE 0 A 12 ANOS
ISBN:
978-84-8302-683-0
Páxinas:
520
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
130
Alto:
210
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
FORA DE XOGO

19,50 €

IVE incluído
Comprar

O Señor dos Aneis trata principalmente dos hobbits, e nas súas páxinas  o lector descubrirá moito sobre o seu carácter e algo sobre a súa historia. Os hobbits constitúen un pobo discreto pero moi antigo, noutrora máis numeroso do que é hoxe en día. Aman a paz e a tranquilidade, e o cultivo da boa terra; o seu hábitat preferido constituíao unha rexión ben organizda e cultivada. Non comprenden nin gostan de máquinas máis complicadas ca un muíño de auga ou un tear de man, anque son hábiles coas ferramentas. Xa nos tempos antigos desconfiaban polo xeral da "Xente Grande". Teñen o oído agudo e a vista penetrante, e anque tenden a ser gordos e non corren innecesariamente, son de movementos áxiles e lixeiros.En A Irmandade do Anel, o primeiro volume desta triloxía, o Hobbit Frodo Bulseiro recibe un Anel máxico como herdanza do seu tío Bilbo. Para protexer este Anel e evitar que caia nas mans dos servidores do Señor Escuro créase A Irmandade do Anel, composta por representantes dos pobos dos elfos, os homes, os hobbits e os ananos, que acompañarán a Frodo durante unha longa viaxe por terras estrañas e perigosas.Publicada en 1955, O Señor dos Aneis, a máis complexa das obras de Tolkien, supuxo a definitiva renovación do xénero fantástico. J.R.R. Tolkien, como filólogo e estudioso dos mitos, elaborou complexas estructuras nas súas historias, cheas de detalles e estilisticamente afastadas das modas. A través do universo fantástico descrito en O Señor dos Aneis, debedor da mitoloxía escandinava, Tolkien formula o tema da corrupción  do poder e a impersonalización do mundo industrializado. O seu profundo coñecemento dos ritos e o seu estilo marcadamente inglés fixeron desta triloxía épica, novelas que hoxe teñen unha extraordinaria vixencia e aceptación entre os lectores mozos de todo o  mundo.

Outros libros do autor en Libreria Porta Da Vila

Materia en Libreria Porta Da Vila

  • Es la hora de jugar
    Titulo del libro
    Es la hora de jugar
    Lodge, Jo
    Bruño
    Libros para aprender y disfrutar las acciones contidianas de los más pequeños ¡Con sorpresas en cada página...
    No disponible

    6,40 €

  • Campanilla:hadas y piratas
    Titulo del libro
    Campanilla:hadas y piratas
    AA.VV
    Everest
    ¡Campanilla. Hadas y piratas pone rumbo a la aventura más emocionante de Disney Fairies! Cuando Zarina, un ha...
    No disponible

    13,95 €

  • A rateira
    Titulo del libro
    A rateira
    Christie, Agatha
    Vicens vives
    No disponible

    10,50 €

  • Cómo hablar perruno
    Titulo del libro
    Cómo hablar perruno
    Whitehead, Sarah
    Sm
    Los perros no pueden hablar ¡pero es posible comuncarse con ellos! si sigues estos consejos, podrás: entender...
    No disponible

    14,50 €

  • L'Avi Pillastre
    Titulo del libro
    L'Avi Pillastre
    O'Callaghan I Duch, Elena
    Baula
    No disponible

    9,60 €

Xerais en Libreria Porta Da Vila

  • Unha estrela no vento
    Titulo del libro
    Unha estrela no vento
    Costas, Ledicia
    Xerais
    Unha estrela no vento é a historia de Miguel Foz, un estudiante dun instituto vigués de bacharelato de dezase...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,90 €

  • Resistencia
    Titulo del libro
    Resistencia
    Aneiros, Rosa
    Xerais
    Resistencia, a obra que constitúe o debut de Rosa Aneiros en Xerais Narrativa, percorre a historia política e...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    22,95 €

  • Contos malvados
    Titulo del libro
    Contos malvados
    Borrazás, Xurxo
    Xerais
    Contos malvados, é un libro de trece relatos, maiormente breves, que teñen todos eles por fío conductor que ...
    No disponible

    11,70 €

  • TECELINGUA CUADRICULA 1 PRIMARIA LINGUA GALEGA
    Titulo del libro
    TECELINGUA CUADRICULA 1 PRIMARIA LINGUA GALEGA
     
    Xerais
    No disponible

    Consulta a nosa
    Libraría

  • Proxecto Xea Clío, Democracias contra dictaduras
    Titulo del libro
    Proxecto Xea Clío, Democracias contra dictaduras
    CORTES COUSELO, UXIO / VARIOS
    Xerais
    No disponible

    6,50 €