Os Celtas

Os Celtas. Unha (re)visión dende Galicia

Editorial:
Xerais
EAN:
9788499140964
Ano de edición:
Materia
XEOGRAF?A
ISBN:
978-84-9914-096-4
Páxinas:
384
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
170
Alto:
245
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
UNIVERSITARIA

30,50 €

IVE incluído
Comprar

Os celtas, despois de moitos anos nos que se fixo investigación arqueolóxica sen precisar deles, rexurdiron, en Europa e en toda a Península Ibérica, como tema de investigación e, sobre todo, de polémica, na década dos oitenta. A comunidade científica, sensu lato, sufriu, en Galicia, unha división negativa entre celtófilos e celtófobos, como se de equipos de fútbol se tratase. Proliferaron, aquí, publicacións sobre o celtismo, nas que todo era, e aínda é, celta, ou nas que a verba celta pouco máis ocupaba que unha parte do título. Neste libro, o autor fixo un achegamento á cuestión, fuxindo dos tópicos e das repeticións miméticas do que se escribiu sobre o celtismo europeo. Galicia ten unha personalidade propia e diferenciada  desde a Prehistoria, polo que o estudo do seu devir histórico precisa  dun tratamento específico. Partindo da premisa de que o celta é, primo et per se, unha cuestión de lingua, faise un percorrido polo campo do indoeuropeo, polo Hallstatt e La Tène, tratados como culturas  arqueolóxicas, así como polas actuais teorías científicas peninsulares, para rematar entrando en Galicia. Repásase, aquí, a historiografía de precursores e románticos sobre celtas e analízanse as fontes clásicas que fan referencia á Terra. Dedícase un denso capítulo á fulcral cuestión lingüística e outro á sociedade e a relixión no resto de España e en Galicia, sempre procurando as posibles semellanzas e diferenzas. Faise tamén unha incursión na materia de Bretaña, polo achegamento céltico medieval que puido significar e compárase a arte peninsular dos pobos ibéricos, da Meseta  e galaicos, para rematar cun achegamento aos aspectos etnográficos que, de xeito superficial e mistificador, figuran nas publicacións sobre celtas. Ilustra o libro un completo aparato gráfico, elaborado ad hoc polo autor, así como unha bibliografía ampla, actualizada e en versión orixinal dos diferentes países europeos nos que se investiga a presenza ou ausencia de celtas.

Outros libros do autor en Libreria Porta Da Vila

Materia en Libreria Porta Da Vila

Xerais en Libreria Porta Da Vila

  • A Galicia irredenta
    Titulo del libro
    A Galicia irredenta
    LOPEZ MIRA, ALVARO XOSE
    Xerais
    No disponible

    15,90 €

  • Galicia encantada
    Titulo del libro
    Galicia encantada
    Reigosa, Antonio
    Xerais
    O proxecto "Galicia Encantada" naceu no seu día para navegar pola internet e, agora, dez anos despois, faise l...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,50 €

  • Axenda dietario 2008.vanol
    Titulo del libro
    Axenda dietario 2008.vanol
     
    Xerais
    No disponible

    15,13 €

  • Carlota e a bota perdida
    Titulo del libro
    Carlota e a bota perdida
    Villar, Miro
    Xerais
    Carlota, a marmota, esperta coa chegada da primavera, Vai deica o río,  para lavarse con auga fresca. Río arr...
    No disponible

    9,95 €

  • Carpametacarpadeduna
    Titulo del libro
    Carpametacarpadeduna
    Babarro, Xoán
    Xerais
    Carpametacardeduna ten máis letras cás areas dunha duna. Ten cinco fillos: Firlindirti, Purpulundurtu, Marmal...
    No disponible

    9,95 €