Os meus ollos

Os meus ollos

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497820745
Ano de edición:
Materia
LITERATURA CL?SICA
ISBN:
978-84-9782-074-5
Páxinas:
368
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
NARRATIVA

22,15 €

IVE incluído

Coa intención de recuperar o tempo e lugar da súa infancia, a vila mariñá de Pontedeume, Ramiro Fonte converte as páxinas destas memorias  primeiras nun relato emocionante no que recrea ó detalle, cunha prosa  esencial, cristalina e precisa, dotada dunha conmovedora ollada poética, a vida dunha vila galega nos anos sesenta. Ademais dun exercicio de recuperación vivificadora da memoria individual e colectiva, "Os meus ollos (Vidas de infancia)" é, tamén, un ensaio sobre a vivencia da perdurabilidade do tempo e dos espacios humildes que nos son queridos. Un relato engaiolante no que o autor emprega a emoción, a piedade e certa ironía para recuperar espacios derruídos polo tempo e devolverlle a vida a ducias de personaxes reais, populares, tratados co mesmo rango cós protagonistas históricos. Historias particulares que demostran que o local é o universal. Un libro de historia cotiá que se le coa mesma paixón que nos proporcionan as novelas exemplares. Unha obra que demostra a vixencia da frase de Baudelaire, "O xenio non é máis que a infancia netamente formulada"; e proba que a infancia non representa o camiño, senón todo  o camiño. "Os meus ollos", primeira entrega dunha obra máis ampla na que Fonte está a traballar, abre unhas perspectivas inéditas na narrativa contemporánea. Unha grande novela para ler varias veces.

Materia en Libreria Porta Da Vila

Xerais en Libreria Porta Da Vila

  • Recambio dietario 2005
    Titulo del libro
    Recambio dietario 2005
     
    Xerais
    No disponible

    9,12 €

  • Obra poética galega Luís Amado Carballo
    Titulo del libro
    Obra poética galega Luís Amado Carballo
    Amado Carballo, Luís
    Xerais
    Luís Amado Carballo (Pontevedra, 1901-1927) é unha das figuras máis relevantes da poesía galega do século ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    17,50 €

  • BALA PERDIDA
    Titulo del libro
    BALA PERDIDA
    Nº 60
    RIVAS, MANUEL
    Xerais
    Bala Perdida é o derradeiro pirata do Atlántico Norte, un capitán escrupuloso que anda acompañado dun corvo...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    11,50 €

  • Alicia no país das maravillas
    Titulo del libro
    Alicia no país das maravillas
    Carroll, Lewis
    Xerais
    No disponible

    7,00 €

  • Os incurábeis
    Titulo del libro
    Os incurábeis
    Tizón, Antonio
    Xerais
    «Recordo que cando cheguei ao lugar do crime pensei que todo o mundo se volvera tolo». Así comeza esta histo...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    20,50 €