Os montes veciñais en man común

Os montes veciñais en man común. O patrimonio silente. Natureza, economía, identidade e democracia na Galicia rur

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497824446
Ano de edición:
ISBN:
978-84-9782-444-6
Páxinas:
520
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
210
Alto:
130
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
UNIVERSITARIA

25,60 €

IVE incluído

Os montes veciñais en man común constitúen ao redor de 3.000 unidades produtivas comunitarias que ocupan en torno ás 700.000 hectáreas da superficie de Galicia. Ao longo da segunda metade do século pasado experimentaron varios réximes institucionais, ata que a partir de 1968  comezou un proceso de devolución da propiedade do monte ás comunidades de veciños, proceso que se foi consolidando coa lei 13/1989 do Parlamento de Galicia, instituíndo un réxime legal vixente até a actualidade. Coa devolución das superficies comunais aos seus lexítimos propietarios agardábase non só outorgar a estes un recoñecemento moral e político, senón tamén facilitar a mobilización produtiva das terras a monte e o desenvolvemento das áreas en que os montes veciñais teñen maior presenza. Estas expectativas están lonxe de ser colmadas, a día de hoxe. Por que estes activos físicos susceptibles de ser mobilizados produtivamente non suscitan a autoorganización das comunidades. Este libro, preparado polo Grupo dos Comúns, formado por un equipo multidisciplinar de economistas e historiadores do IDEGA da Univ. de de Santiago, recolle unha investigación exhaustiva sobre o problema converténdose nunha ferramenta imprescindible para o coñecemento da situación actual dos montes veciñais e das comunidades de montes en Galicia. Así, na primeira pare, A propiedade veciñal na historia, presenta a súa evolución desde o momento anterior á implantación do réxime liberal até os nosos días, atendendo non só á configuración legal e ás funcións do monte no sistema agrario. Na segunda, A situación actual dos montes veciñais, aborda plural realidade presente  de montes e comunidades, afrontando unha avaliación das relacións entre ambos, á luz dos resultados económicos e ambientais. Por último,  na terceira, Os determinantes da situación actual, estuda o impacto dos montes veciñais sobre o desenvolvemento rural partindo da súa diversidade e analizando o impacto das dinámicas do mercado e das políticas públicas.

Xerais en Libreria Porta Da Vila

  • Xinfu: Múxel Attacks
    Titulo del libro
    Xinfu: Múxel Attacks
    Morgade, Adrián
    Xerais
    Un exército baixo a auga É que se volveu tolo o autor Xinfu e Wini regresan, desta vez coa responsa...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,95 €

  • Axenda dietario xerais
    Titulo del libro
    Axenda dietario xerais
    AA.VV
    Xerais
    No disponible

    16,00 €

  • (05).CAD.TRABALLO LINGUA 4º.ESO
    Titulo del libro
    (05).CAD.TRABALLO LINGUA 4º.ESO
    Orizales Iglesias, Noa / Orizales Orizales, Emiliano
    Xerais
    No disponible

    Consulta a nosa
    Libraría

  • Unha viaxe inesperada
    Titulo del libro
    Unha viaxe inesperada
    Llort / Marcip
    Xerais
    Arman é un rapaz coma calquera outro. Ten uns pais que o queren, un grupo de amigos, unha mascota que se chama...
    No disponible

    13,50 €

  • A antesala luminosa
    Titulo del libro
    A antesala luminosa
    Tizón, Antonio
    Xerais
    O inspector Sánchez investiga a identidade de dous cadáveres calcinados que aparecen nas inmediacións da pra...
    No disponible