Panthera tigris

Panthera tigris

Editorial:
Kalandraka
EAN:
9788419213532
Ano de edición:
Materia
ANIMAIS E MASCOTAS
ISBN:
978-84-19213-53-2
Páxinas:
32
Encadernación:
TAPA DURA
lingua:
GALEGO
Ancho:
213
Alto:
275
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
Ciencia

17,00 €

IVE incluído
Comprar

Un conto inspirado nas antigas ensinanzas hindús para reflexionar e para sabelo todo sobre os tigres de Bengala. Un vello erudito que vive rodeado de libros nos que aprendeu todo o que sabe do mundo decide investigar o único animal do que non ten coñecemento ningún: o tigre de Bengala. Tras mergullarse nunha extensa  lectura de todas as guías dedicadas a estas criaturas, embárcase nunha expedición científica cara á India e, en compañía dun guía local, intérnase na selva para encontrar un exemplar de Panthera tigris. Avanza entre a maleza interpretando pegadas e sinais e impoñendo o seu coñecemento lido nos libros ás advertencias do seu acompañante, que coñece a selva como a palma da man. É suficiente todo  ese coñecemento teórico para ser un verdadeiro especialista No encontro cara a cara coa besta descubrirá a resposta. Este álbum con estrutura narrativa de conto, inspirado nas ensinanzas do mestre bengalí contemporáneo Swami Prajnanpad, fálanos do valor da experiencia como fonte de coñecemento. Faino a través dun relato que destila unha fina ironía e un gran sentido do humor, ao mesmo tempo que informa con gran rigor sobre os tigres de Bengala. As ilustracións  combinan láminas de carácter científico en branco e negro ao estilo dos gravados de época decimonónica con outras nas que se van revelando  lentamente as cores da xungla: as follas verdes, ocres, marróns e finalmente un tigre laranxa tan impactante como a impresión que ten o protagonista no seu encontro co felino.

Outros libros do autor en Libreria Porta Da Vila

  • Panthera tigris
    Titulo del libro
    Panthera tigris
    Alzial, Sylvain
    Kalandraka
    Un conte inspirat en els antics ensenyaments hindús per reflexionar i per saber-ho tot sobre els tigres de Ben...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    17,00 €

  • Panthera tigris
    Titulo del libro
    Panthera tigris
    Alzial, Sylvain
    Kalandraka
    Un cuento inspirado en las antiguas enseñanzas hindúes para reflexionar y para saberlo todo acerca de los tig...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    17,00 €

Materia en Libreria Porta Da Vila

Kalandraka en Libreria Porta Da Vila