Pioneiros na corrente do Golfo

Pioneiros na corrente do Golfo. A primeira emigración galega a México (1837-1936)

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483026007
ISBN:
978-84-8302-600-7
Páxinas:
544
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
UNIVERSITARIA

34,50 €

IVE incluído

Tras a independencia de México, os decretos de expulsión marcaron o punto álxido da descolonización. A partir de 1837 comenzaron a retornar os expulsados e iniciouse unha reemigración de galegos desde Cuba; eran labregos da zafra, mariñeiros que pescaban o guachinango, militares desertores, etc. Desde o último cuarto do século XIX a navegación a vapor, a necesidade e as estratexias familiares embarcaron rumbo as costas mexicanas a pais de familia, rapaces e mociños coa encomenda de que enviasen remesas coas que redimir os foros, ceibarse da parceiría, facer unha casa nova, mercar terras o gando e comer e beber mellor. Entre os grandes pioneiros chegaron á República Mexicana varios polisóns que empezaron a súa andaina como empregados ou vendedores ambulantes. Algúns ' ' fixeron América ' ' ou foron o xermolo da emigración circular, desde  constante ir e vir de cinco xeracións de galegos pola corrente do Golfo, e outros, no retorno, contribuiron á mellora dos lugares de orixe ou investiron os seus aforros na construcción urbana e na industrialización de Galicia.Amais da exhaustiva reconstrucción dalgunhas cadeas migratorias e do tecido asociativo creado polos nosos  emigrantes, Pioneiros na corrente do Golfo mergúllanos nas apaixoantes biografías dun feixe de galegos e galegas, adobadas cunha manchea de fotografías e ilustracións inéditas. Este libro é un canto á vida, á obra e ós soños deses case dous millóns de galegos que, desde a súa impronta heroica e anónima, protagonizaron a grande epopeia do noso pobo que foi a emigración americanas.

Xerais en Libreria Porta Da Vila

  • A guerra dos mundos
    Titulo del libro
    A guerra dos mundos
    Wells, H. G.
    Xerais
    A guerra dos mundos conta a invasión da Terra por parte dos marcianos e describe as consecuencias destructivas...
    No disponible

    14,00 €

  • Xacementos arqueolóxicos de Galicia
    Titulo del libro
    Xacementos arqueolóxicos de Galicia
    Barciela Garrido, Pilar;Rey Seara, Eusebio
    Xerais
    Xacementos arqueolóxicos de Galicia constitúe unha guía práctica para visitar e coñecer o patrimonio arque...
    No disponible

    32,95 €

  • Triloxía pánica
    Titulo del libro
    Triloxía pánica
    Miranda Ruíz, Xosé
    Xerais
    Xosé Miranda ofrece neste volume tres narracións de terror: "Vestio", "Lambirón" e "A neve e a cadeira". En ...
    No disponible

    6,85 €

  • Fantasmas de luz (galego)
    Titulo del libro
    Fantasmas de luz (galego)
    Fernández Paz, Agustín
    Xerais
    Desde hai trinta e cinco anos, Damián traballa como operador de cabina  no mellor cine da cidade. Cando recibe...
    No disponible

    15,50 €

  • Billy Budd
    Titulo del libro
    Billy Budd
    Melville, Herman
    Xerais
    No disponible

    8,00 €