Que precisa un gato pequeno?

Que precisa un gato pequeno?

Editorial:
Kalandraka
EAN:
9788413433806
Ano de edición:
ISBN:
978-84-1343-380-6
Páxinas:
40
Encadernación:
TAPA DURA
lingua:
GALEGO
Ancho:
240
Alto:
195
Dispoñibilidade:
Próximo lanzamento! Dispoñible dende o 11-09-2025
Colección:
Demademora

Un álbum tenro e divertido protagonizado por un gato rebuldeiro con gana de aventura e afectos. Quen ten dous ollos pequenos, dúas orellas pequenas, unha boca chea de  dentes pequenos e afiados, uns bigotes grandes, un corpo con manchiñas, catro patas con gadoupas e un rabo Un gato! E todos os gatos precisan correr, ir e volver, sentir a chuvia ou o vento, pasar medo, estar tristes (só un anaco), ter un teito onde acubillarse e, sobre todo, alguén grande ou pequeno que os queira. Un novo traballo de Natalia Shaloshvili cun protagonista tenro e rebuldeiro co que lectores e lectoras se identificarán inmediatamente. Unha proposta ideal para a lectura compartida que transmite a importancia do xogo, a  autonomía e a experiencia emocional na infancia, sen esquecer os afectos e o contacto cos outros, algo que necesitamos todos, grandes e  pequenos.

Outros libros do autor en Libreria Porta Da Vila

Materia en Libreria Porta Da Vila

Kalandraka en Libreria Porta Da Vila