Reserva especial

Reserva especial

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788482887081
Ano de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-8288-708-1
Páxinas:
176
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
135
Alto:
210
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
LITERARIA

Sentimentos e humor punteados de ironía nun libro de ficción que vai á  procura dos sabores e recendos que acaban por constituír os praceres da existencia. Desde as primeiras chiscadelas do amor e o asombro ante  a beleza, ata a camaradería espontánea nada a carón da barra dun bar,  nestes relatos Xosé Manuel G. Trigo recrea vivencias enfiadas arredor  da cultura do viño. Poderíase dicir que este é un libro sobre o amor,  pero tamén un libro sobre a amizade. Reserva especial é un convite para gozar dos momentos memorables, aqueles que fican agachados nalgures para, de súpeto, xurdir asociados a un olor, un sabor, unha canción ou unha paisaxe. Constitúen a esencia dese auténtico triángulo  sentimental -viño, amizade, amor- que subministra as necesarias reservas para lle facer fronte ao paso do tempo. Os relatos de Trigo acaban por debuxar o percorrido sentimental dun personaxe, o narrador,  que nos envolve nuha prosa chea de matices, da que xorden experiencias asociadas á lembranza de diferentes tipos de viño e de historias relacionados co seu cultivo ou cos lugares onde se conserva e se gorenta. Dun a outro relato, vaise trazando o retrato dun tempo e  dunha xeografía que o lector ou lectora ha acabar por facer seus. E a  consecuencia da arte literaria, que o autor sabe dosificar en gulapos  saborosos ao longo de toda esta Reserva especial da que, a partir de agora, tamén imos ser catadores privilexiados.

Outros libros do autor en Libreria Porta Da Vila

  • Viaxes do corazón
    Titulo del libro
    Viaxes do corazón
    García Trigo, Xosé Manuel
    Galaxia
    Un diario escrito con fina ironía mais sentindo de cerca a respiración  da xente, dos que nos consolan de viv...
    No disponible
  • Raíñas no meu xardín
    Titulo del libro
    Raíñas no meu xardín
    Nº 324
    Trigo, Xose Manuel G.
    Galaxia
    Cómpre ler e andar por el a modo, como se paseásemos por un xardín sen  présa, parándonos a cada paso un p...
    No disponible

Materia en Libreria Porta Da Vila

Galaxia en Libreria Porta Da Vila