Romanceiro en lingua galega

Romanceiro en lingua galega

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483027547
Ano de edición:
Materia
LIBROS DE TEXTO
ISBN:
978-84-8302-754-7
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
UNIVERSITARIA

23,00 €

IVE incluído

Coa presente colección de romances en lingua galega os autores queren demostrar -en contra dunha opinión bastante estendida- que Galicia cantou e recitou historias en verso, sobre todo de carácter novelesco.  Moitos coinciden cos romances casteláns; bastantes son comúns á área galego-portuguesa; e tamén existen algúns propios, que non son os de menor beleza. Desde que, en 1863, López de la Vega editou os primeiros  romances galegos, foron moitos os folcloristas, etnógrafos e estudiosos da literatura popular que se dedicaron a recollelos. Cabe citar a Manuel Valladares, os irmáns de la Iglesia, Murguía, Saco y Arce, Casto Sampedro, Said Armesto, Hervella Courel, Vicente Risco, Dorothe Schubart e Antón Santamarina. Faltou un gran estudioso, como foi Menéndez Pidal para o romanceiro castelán ou Teófilo Braga para o portugués, pero o volume de material reunido é notable. Probablemente a maior desgracia foi que as mellores coleccións de romances -as de Casto Sampedro e Víctor Said Armesto- quedaran inéditas ata hai pouco.  Aínda está sen publicar a obra de Hervella Courel. As coleccións de Murguía e os irmáns de la Iglesia foron incluídas no Romanceiro popular galego de tradizón oral de Lois Carré Alvarellos. Os romances en lingua galega, pola súa calidade, son parte fundamental da nosa literatura e posiblemente no futuro aparezan nas historias de literatura galega, como aparecen nas da literatura castelá, catalana ou portuguesa.

Materia en Libreria Porta Da Vila

Xerais en Libreria Porta Da Vila

  • AS HORAS ROUBADAS
    Titulo del libro
    AS HORAS ROUBADAS
    SOLAR NUÑEZ, MARÍA
    Xerais
    A morte dun ancián que sostén na súa man un papel coa mensaxe «Dime que me queres» destapa unha pasional h...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    18,50 €

  • Flanagan 007
    Titulo del libro
    Flanagan 007
    Ribera, Jaume;Martín, Andreu
    Xerais
    A irmán de Flanagan e o seu mozo desapareceron. Parece que ámbolos dous traizoaron a unha ong, roubando unha ...
    No disponible

    16,50 €

  • Bocados matemáticos
    Titulo del libro
    Bocados matemáticos
    González Ogando, Paulo
    Xerais
    As matemáticas están presentes no día a día, aínda que ás veces non nos decatemos. Unha mirada adestrada ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    15,50 €

  • A SOIDADE DO ASASINO
    Titulo del libro
    A SOIDADE DO ASASINO
    Nº 175
    Reigosa, Carlos G.
    Xerais
    A dialéctica entre o asasino e a vítima ten moitas máis caras das que imaxinamos. E isto é así porque nest...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,95 €

  • Deber de Baltar
    Titulo del libro
    Deber de Baltar
    Toro, Suso De
    Xerais
    Velaquí a saga dos Baltar coa presenza dos seus obxectos e mobles vividos, coa seducción dos seus retratos, c...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    25,95 €