Trinta e dous dentes

Trinta e dous dentes

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788471540003
Ano de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-7154-000-3
lingua:
GALEGO
Ancho:
135
Alto:
210
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
LITERARIA

Finalista Premio Torrente Ballester 2006Sen causa aparente, o autor e director teatral Paulo Barreiro acorda unha mañá convertido nun cativo  de dez ou once anos. Así comeza a nova achega narrativa de Xabier López López na que, baixo o revestimento dunha novela picaresca e de iniciación, atopamos unha narración chea de sorpresas, entretecida con  mitos e homenaxes literarias. Finalista do Premio Torrente Ballester 2006, Trinta e dous dentes xoga coas ideas de aparencia e identidade para trazar unha metáfora sobre a minoría de idade imposta a individuos, culturas e sociedades.Titulares de prensaTRINTA E DOUS DENTESUnha novela de case trescentas páxinas corre o risco nestes tempos de converterse, como se di popularmente, nun ladrillo. En cambio, o lector que se achegue a Trinta e dous dentes, de Xabier López López (Bergondo, 1974), non deixará o libro ata o final, porque o autor consegue artillar unha historia con gancho e intriga.O protagonista, Paulo Barreiro, é un director teatral divorciado que unha noite metese na cama e "unha fría e luminosa mañá de outono", sen  unha razón comprensible, esperta co tamaño dun neno de once ou doce anos, pero cos 32 dentes dun adulto na súa boca. De aí en diante, Xabier López, finalista do Premio Torrente Ballester (2006), relátanos  as aventuras dun rapaz que pensa e fala como o home groso e trouleiro  que foi.Polas páxinas transitan seres fracasados, marxinais, febles resentidos, burócratas indiferentes, triunfadores e ambiciosos. Pero tamén avariciosos, ruíns e moralistas. Todos representantes de distintos estratos dunha sociedade na que aínda predomina a figura do encerro (hospicio da Xunta, internado do colexio e casa luxosa, pero afastada da cidade) fronte ao concepto de control, máis propio dunha sociedade dixital.Tres referencias principais da literatura mundial resoan no trasfondo desta historia: Gregor Samsa, protagonista da Metamorfosis, de Kafka; El increíble hombre menguante, de Jack Arnold,  ou Gulliver (J.Swift). Pero o autor tamén rende homenaxe a outros moitos escritores clásicos, modernos e contemporáneos.Aínda que talvez  é un pouco reiterativo nas descricións dos personaxes e das situacións, e incluso se recrea excesivamente nas escenas da relación erótico-sadomasoquista que manteñen os pais putativos do protagonista,  na que tamén se acaba metendo, aínda que dun xeito clandestino, Xabier López debuxa un pequeno retablo no que se mesturan a sátira humorística e corrosiva cunha reflexión sobre a nosa sociedade. Con todo, unha pregunta: ¿non son demasiados dentes para tan pouca codia?Gonzalo TrasbachSábado 28 de xullo de 2007La Voz de Galicia. Culturas

Outros libros do autor en Libreria Porta Da Vila

  • El viejo tiburon pierde los dientes
    Titulo del libro
    El viejo tiburon pierde los dientes
    Xabier Lopez Lopez
    Edebe
    En lo más profundo y mojado del mar, vivía un tiburón blanco, gordo como una ballena, que ya no recordaba su...
    No disponible

    7,95 €

  • A vella quenlla perde os dentes
    Titulo del libro
    A vella quenlla perde os dentes
    Xabier Lopez Lopez
    Rodeira
    No máis fondo e mollado do mar, vivía unha quenlla branca, gorda coma unha balea. Esta vella e despistada que...
    No disponible

    10,50 €

  • Biff, bang, Pow!
    Titulo del libro
    Biff, bang, Pow!
    López López, Xabier
    Galaxia
    Esta obra foi publicada por primeira vez en 1997. Agora esta novela coñece unha edición renovada en Galaxia, ...
    No disponible
  • Cancodrilo pinta
    Titulo del libro
    Cancodrilo pinta
    Nº 3
    López, Xabier
    Linteo
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias..)

    10,90 €

  • Explico a mi poco a poco palabras
    Titulo del libro
    Explico a mi poco a poco palabras
    Lopez, Xabier
    Ediciones invasoras
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    12,00 €

Materia en Libreria Porta Da Vila

Galaxia en Libreria Porta Da Vila

  • Cornucopia (Premio Torrente Ballester 2021)
    Titulo del libro
    Cornucopia (Premio Torrente Ballester 2021)
    Nº 454
    Santos, Raúl M.
    Galaxia
    Premio Torrente Ballester 2021 Atende aquí. De momento vas ben, pero atende. Polo motivo que fose collich...
    No disponible
  • LERIA (BN)
    Titulo del libro
    LERIA (BN)
    MARTINEZ RISCO, VICENTE
    Galaxia
    O autor publica esta obra en 1961, unha recompilación de ensaios e  colaboracións en prensa, fundamentais par...
    No disponible
  • As faces do diamante
    Titulo del libro
    As faces do diamante
    Nº 487
    Díaz Núñez, Celia
    Galaxia
    Unha anciá que camiña con zapatillas rotas, unha rapaza rescatada dun colector do lixo, un ancián que se esf...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    18,05 €

  • Escenografía
    Titulo del libro
    Escenografía
    Howard, Pamela
    Galaxia
    A escenografía converteuse nunha das cuestións fundamentais á hora de falarmos de teatro. Este libro desenvo...
    No disponible
  • CAMINO, LUEGO EXISTO
    Titulo del libro
    CAMINO, LUEGO EXISTO
    AA.VV
    Galaxia
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    30,80 €