Un longo e tortuoso camiño

Un longo e tortuoso camiño. adaptación, crise e cambio no BNG : 1971 - 2009

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788471543196
Ano de edición:
Materia
NARRATIVA
ISBN:
978-84-7154-319-6
Páxinas:
412
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
135
Alto:
210
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
ENSAIO

29,95 €

IVE incluído
Comprar

Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2008A obra Un longo e tortuoso camiño. Adaptación, crise e cambio no BNG (1971-2009), da que é autor o historiador Xosé Ramón Quintana Garrido, foi gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2008, que organizan conxuntamente a Secretaría Xeral  de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia coa colaboración de Unión Fenosa e o Centro Ramón Piñeiro.O libro de Quintana Garrido é un ensaio interpretativo sobre o nacionalismo galego contemporáneo centrado no Bloque Nacionalista Galego (BNG), desde a primeira formulación da idea de fronte patriótica até hoxe mesmo. En base a unha ampla variedade de fontes documentais e cun enfoque aberto orientado pola historia do tempo presente e pola ciencia política, Un longo e tortuoso camiño expón como, desde unha posición precarizada e tendencialmente marxinal, o nacionalismo foi quen de construír unha organización, o BNG, coa que ir remontando dificultades até se converter nunha forza política "que importa".Segundo a análise de Quintana Garrido, desde finais dos anos oitenta o BNG tivo que emprender un longo e tortuoso camiño de adaptación e de cambio estratéxico e organizacional. Non sen contradicións e crises internas, o resultado foi pasar dunha inicial posición radical e antisistema a abrazar posturas máis moderadas e centradas coas que maximizar votos, cargos e políticas. Con todo, tales cambios están suxeitos hoxe en día a unha incerta revisión por mor da derrota electoral de marzo de 2009. O BNG encóntrase na actualidade nunha encrucillada crítica na que ten por resolver tres problemas complexos e ensarillados: de liderato, de discurso e proxecto, e de organización. De como se solventen vai depender o seu futuro: retroceder, recuperar posicións ou mesmo avanzar.

Materia en Libreria Porta Da Vila

  • SUITE DE LAS ESTRELLAS
    Titulo del libro
    SUITE DE LAS ESTRELLAS
    García Sánchez, Patricia
    Dairea
    No disponible
  • Meddling Kids
    Titulo del libro
    Meddling Kids
    Cantero Edgar
    Insolita
    En el verano de 1977, el Club de Detectives de Verano de Blyton desenmascaró al monstruo del lago Sleepy: otro...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    22,95 €

  • Grial
    Titulo del libro
    Grial
    Sánchez, Jesús María
    Grijalbo
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    23,90 €

  • Los huesos de Leibniz
    Titulo del libro
    Los huesos de Leibniz
    Nº 27
    Fernández, Francisco
    Akal
    «Los huesos de Leibniz» –una brillante actualización del género de la epístola filosófica– cons...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias..)

    7,00 €

  • Repentinamente sexy
    Titulo del libro
    Repentinamente sexy
    Francis Lee, Linda
    Debolsillo
    Kate es una atractiva presentadora de televisión cuyo único pecado es seguir soltera a los veintisiete. Tal v...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    8,95 €

Galaxia en Libreria Porta Da Vila