Un xogo de apócrifos

Un xogo de apócrifos

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483021293
ISBN:
978-84-8302-129-3
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
NARRATIVA

21,80 €

IVE incluído

Un xogo de apócrifos é unha estensa narración de catrocentas páxinas -lonxitude pouco frecuente na narrativa galega actual- que ten por fío  conductor a historia de Silesio Braun, un escritor internado nun sanatorio psiquiátrico que leva toda a vida intentando rematar a súa primeira novela. Certo día recibe un regalo: os contos escritos por un  home que llos concede para que poda editalos como propios. Reescríbeos e suplanta, diante da persoa que o coida, unha monxa chamada Berta, e os seus achegados, ó autor do libro.Hai nesta novela dous planos, tan independentes como empastados: os trinta e seis contos e as anotacións do propio Silesio Braun (un caderno de bitácora  no que se confuden tamén os parágrafos desa pretendida novela sobre a  figura de Bach que nunca consegue rematar). En cada un dos capítulos da novela hai a presencia doutras tantas citas apócrifas que serven de  xustificación e exaltación da mentira, de xustificación da falsedade,  de xustificación, en definitiva, da literatura. Ideas básicas da novela son, pois, amor, esperanza, existencia e fracaso.

Outros libros do autor en Libreria Porta Da Vila

  • Un último destino
    Titulo del libro
    Un último destino
    Caneiro, Xosé Carlos
    Galaxia
    Elisardo Buenaventura regresa durante un mes a Dalmara, a vila dos seus antepasados: o seu pai, un orate desequ...
    No disponible
  • Os dominios de Caín
    Titulo del libro
    Os dominios de Caín
    Caneiro, Xosé Carlos
    Galaxia
    A paixón do escritor pola literatura amósase tamén na súa paixón pola lectura. Neste libro de ensaios sobr...
    No disponible
  • Un juego de apocrifos.(e.narrativa)
    Titulo del libro
    Un juego de apocrifos.(e.narrativa)
    Caneiro, Xose Carlos
    Espasa calpe
    No disponible

    17,50 €

  • Ámote
    Titulo del libro
    Ámote
    Caneiro, Xosé Carlos
    Galaxia
    Para espantar a tristeza, un periodista misántropo, bebedor, hipocondríaco e desequilibrado crea o seu amor i...
    No disponible
  • Triloxía dos tristes
    Titulo del libro
    Triloxía dos tristes
    Caneiro, Xosé Carlos
    Galaxia
    Xosé Carlos Caneiro ofrécenos en Triloxía dos tristes tres románticos relatos que teñen como asunto a tris...
    No disponible

Xerais en Libreria Porta Da Vila