Vacacións 5 anos pompas de xabón

Vacacións 5 anos pompas de xabón

Editorial:
Xerais
EAN:
9788499148519
Ano de edición:
ISBN:
978-84-9914-851-9
Páxinas:
64
lingua:
GALEGO
Ancho:
260
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
VACACIONS

14,50 €

IVE incluído

O verán é a mellor época do ano para que os nenos e as nenas vivan novas experiencias. Durante este período permanecen moito tempo no ámbito familiar, sen horarios ríxidos, sen présas, e non sempre resulta doado organizar o tempo de lecer. Ademais, cambian os hábitos,  as rutinas, coñecen novas persoas, ambientes, lugares...
 Este caderno de vacacións pode ser o motivo para sentar con eles e elas un anaquiño ao día. Conversade sobre os conceptos e centros de interese que se tratan, que eles expresen as súas opinións, e animádeos a que os traballen. Cómpre que non perdan o hábito de traballo escolar tan recentemente adquirido.
 Contén actividades sinxelas, amenas, divertidas, entretidas, axeitadas  ás características, capacidades e intereses dos vosos fillos e fillas, variadas e flexibles para asegurar a súa motivación e interese. De forma lúdica, abordan contidos das tres áreas curriculares traballadas durante o curso: Coñecemento de si mesmo/a e autonomía persoal, Coñecemento do contorno (medio físico, natural, social e cultural) e Linguaxes: comunicación e representación. A través destas actividades favorecerase o desenvolvemento de todas as competencias, capacidades e intelixencias múltiples necesarias para superar con éxito este nivel educativo, e constrúense os cimentos para  o curso seguinte. Os contidos que se abordan son, entre outros: o coñecemento do corpo, percepción do tempo e do espazo, os hábitos persoais, o desenvolvemento das rutinas da vida cotiá, a construción da propia identidade, o coñecemento do medio natural e os seus elementos, iniciación nas habilidades matemáticas e o desenvolvemento do pensamento lóxico, os atributos e cualidades dos obxectos, a participación na vida en comunidade e a convivencia, iniciación nos fundamentos da lectoescritura, a linguaxe oral, audiovisual, artística  e corporal...

Xerais en Libreria Porta Da Vila

  • Prostitución: Clientes e outros homes
    Titulo del libro
    Prostitución: Clientes e outros homes
    Gómez Suárez, Águeda;Pérez Freire, Silvia
    Xerais
    Con Prostitución: clientes e outros homes, as sociólogas da Universidade de Vigo Agueda Gómez e Silvia Pére...
    No disponible

    18,95 €

  • Land Rover
    Titulo del libro
    Land Rover
    De Toro, Suso
    Xerais
    En Land Rover, Suso de Toro, con intachable sentido da progresión narrativa, bríndalles ós seus lectores unh...
    No disponible
  • A CAZADORA DE ESTRELAS
    Titulo del libro
    A CAZADORA DE ESTRELAS
    Nº 262
    Canosa, María
    Xerais
    Megumi era unha das mellores cazadoras de estrelas da súa comunidade. As súas frechas trazaban no ceo o debux...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    12,95 €

  • En vías de extinción
    Titulo del libro
    En vías de extinción
    Reimóndez, María
    Xerais
    Gaia é a protagonista de En vías de extinción. Ela é unha desas persoas que teñen a cerna dura coma un car...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    24,50 €

  • Quéroche contar un conto
    Titulo del libro
    Quéroche contar un conto
    Alfaya, An;Castro Veloso, Francisco;Cermeño, Xosé;Fernández Paz, Agustín;Pérez Pintos, Irene
    Xerais
    Dende ASPANAEX queremos darlles o noso máis sincero agradecemento a An  Alfaya "Os segredos das cores", Franci...
    No disponible

    8,25 €