Vigo por Magar III

Vigo por Magar III. Novas instantáneas e retratos da vida viguesa (1960-2007)

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497826884
Ano de edición:
ISBN:
978-84-9782-688-4
Páxinas:
288
Encadernación:
TAPA DURA
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

Manuel García Castro «Magar» ofrece neste terceiro volume da súa serie  «Vigo por Magar», iniciada en 2002, outras trescentas instantáneas, panorámicas e retratos que contribúen a enriquecer a reconstrución da historia viguesa das últimas catro décadas. Empregando as mellores posibilidades que ofrecen as ferramentas do fotoxornalismo, «Magar» ofrece unha viaxe emocionante, entrañable e comprometida polos avatares dunha cidade hiperdinámica que durante este período remudou a  súa fasquía e ampliou o seu perímetro converténdose no corazón da Galicia urbana contemporánea. Trescentos cartaces en branco e negro que densifican a memoria próxima de tres xeracións de vigueses e viguesas. No libro amósase o esforzo desta «cidade puro milagre», a dos obreiros nas factorías de Barreras e Citr"en, a das pescantinas do  Berbés, mais tamén a cidade que na rúa reclama os seus dereitos. Nin a presenza dunha longa galería de familias, alcaldes, concelleiros, empresarios, bancarios, comerciantes, xornalistas, médicos, empregados, escritores, músicos, escolares, taxistas, bombeiros, policías municipais, funcionarios, peñas de amigos ou de xentes de máis posibles. Nin se oculta a importancia do deporte nunha comunidade  con vontade de cidade olímpica, sexan os fondistas do Celta, os regatistas de esnais e traíñas, os balonmanistas do Vulcano, os futbolistas modestos do Peñasco ou os derbis do Celta co Pontevedra. Este novo «Vigo por Magar III»provoca, como os dous libros anteriores,  un recordo compartido que non é pasado nin peza de museo para nostálxicos saudosos. Un libro vivificador e vigorizante para activar a memoria propia ou familiar da cidade que ten a fortuna de ser homenaxeada pola cámara de Magar.

Outros libros do autor en Libreria Porta Da Vila

Xerais en Libreria Porta Da Vila

  • Historias da filosofía
    Titulo del libro
    Historias da filosofía
    Agís Villaverde, Marcelino
    Xerais
    No disponible

    11,00 €

  • OS ECOS DO LUME
    Titulo del libro
    OS ECOS DO LUME
    Fariña, Anxo
    Xerais
    Noa ten doce anos e parece que o único que lle importa é Internet e o que pensan dela os seus compañeiros do...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,90 €

  • (G).(08).HISTORIA 4O.ESO (XERAIS)
    Titulo del libro
    (G).(08).HISTORIA 4O.ESO (XERAIS)
    Rozas Caeiro, Antón;Seco Pérez, Eduardo M.
    Xerais
    No disponible

    Consulta a nosa
    Libraría

  • Glups
    Titulo del libro
    Glups
    Permui, Uqui
    Xerais
    No disponible

    14,45 €

  • Benquerida catástrofe
    Titulo del libro
    Benquerida catástrofe
    Moure, Teresa
    Xerais
    Adam Cairbough, coincidindo coas visitas frecuentes á consulta do doutor Castiñeira para tratar os seus probl...
    No disponible

    20,95 €