Xela Arias, quedas en nós

Xela Arias, quedas en nós

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497822428
Ano de edición:
ISBN:
978-84-9782-242-8
Páxinas:
224
Encadernación:
TAPA DURA
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

18,45 €

IVE incluído

Máis de cincuenta persoas participan neste libro colectivo, "Xela Arias, quedás en nós", que constitúe unha homenaxe con motivo do primeiro cabodano do pasamento da poeta e tradutora. O volume, promovido por Edicións Xerais de Galicia, a Asociación de escritores de Lingua Galega e a súa familia, está organizado en catro grandes apartados: "No pouso dos afectos" (reúne semblanzas, poemas e homenaxes literarias realizadas por amigos, familiares e compañeiros e  compañeiras); "No silencio das palabras" (transcrición das palabras pronunciadas na cerimonia da súa despedida); "Vencerse é cousa de se tratar" (transcrición da homenaxe realizada en Vigo o 29 de maio de 2004, organizada pola AELG, ATG e AGE) e "Un día tiven desexos e cumprinos" (completa aproximación bio-bibliográfica). Estas colaboracións literarias enriquécense con outras de carácter gráfico (fotografías e ilustracións) que fan do libro unha completa achega para mellor comprender e admirar a traxectoria humana e literaria dunha das voces máis singulares da poesía galega última.. Xela Arias (Sarria, 1962 - Vigo, 2003) foi escritora, tradutora, profesora é membro do cadro fundacional de Edicións Xerais de Galicia.  Publicou unha recoñecida obra poética que iniciou con "Denuncia do equilibrio" (Xerais, 1986), continuou con "Tigres coma cabalos" (Xerais, 1990), "Darío a diario" (Xerais, 1996) e rematou con "Intempériome" (2003). A súa morte, o 3 de novembro de 2003, conmocionou á sociedade literaria galega que agora lle rende unha homenaxe coa edición deste volume colectivo.

Xerais en Libreria Porta Da Vila

  • Rotas de bicicleta de montaña
    Titulo del libro
    Rotas de bicicleta de montaña
    Castaño, Xosé M.
    Xerais
    Rotas de bicicleta de montaña abre unta nova vía dentro do noso panorama editorial. Por primeira vez, o mundo...
    No disponible

    3,00 €

  • As horas de cartón
    Titulo del libro
    As horas de cartón
    Pereira, Lois Xosé
    Xerais
    Velaquí a historia de Clara, unha muller de 45 anos que fai reconto da  súa propia experiencia vital -acaso a...
    No disponible

    12,95 €

  • OS TELEVISORES ESTRáBICOS
    Titulo del libro
    OS TELEVISORES ESTRáBICOS
    VILAR LANDEIRA, RAMóN
    Xerais
    Os televisores estrábicos emiten historias dun mundo tan cotián e á vez tan estraño que por veces parecen t...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    20,50 €

  • A pantasma de Canterville
    Titulo del libro
    A pantasma de Canterville
    Wilde, Oscar
    Xerais
    A pantasma de Canterville, que lle dá título o volume é, amais dunha historia de pantasmas, un intelixente e...
    No disponible

    7,00 €

  • As chapas
    Titulo del libro
    As chapas
    Llanes Bermejo, Ana María / Gómez Xurxo, Silvestre
    Xerais
    20 títulos que incorporan progresivamente as dificultades lectoras da lingua galega. Colección dirixida ...
    No disponible

    4,10 €