Xeo e lume

Xeo e lume

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483026373
ISBN:
978-84-8302-637-3
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
PETO

10,70 €

IVE incluído

Xeo e lume, novela que tivo serias dificultades para ser publicada nos  Estados Unidos, acolle entre as súas virtudes a de interpretar o corpus ideolóxico do feminismo radical americano dos últimos vintecinco anos. Nesta novela faise unha análise da sexualidade ou, máis concretamente, das modalidades de subordinación sexual da muller no sistema de dominación patriarcal; da violencia de xénero que ten como expresión máis xenuína a pornografía e a prostitución.A novela está narrada en primeira persoa por unha muller que aspira a se converter en escritora. O periplo que a protagonista afronta adquire dimensións que exceden do meramente individual e privado, para trascender ao mundo colectivo das mulleres.Andrea Dworkim, a escritora  norteamericana que encabezou en 1979 o grupo "Mulleres contra a pornografía", permite que os personaxes se expresen sen eufemismos nin  morneadas. Dura, áspera, ás veces desesperanzada, a experiencia de vida mostrada por Dworkin vértese na linguaxe visual e na lingua. A lingua vai se o instrumento e o reflexo que materialice a violencia vivida polas mulleres nas sociedades patriarcais.

Xerais en Libreria Porta Da Vila