Xogando cos sons. Material para o profesorado

Xogando cos sons. Material para o profesorado. Programa para a prevención e intervención das dificultades articulatorias

Editorial:
Xerais
EAN:
9788499140773
Ano de edición:
ISBN:
978-84-9914-077-3
Páxinas:
216
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
225
Alto:
305
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

26,95 €

IVE incluído

Xogando cos sons é un programa de estimulación e reeducación fonética que nace coa finalidade de proporcionar un material práctico para traballar, dende unha perspectiva lúdica, as dificultades articulatorias en lingua galega. A través de diversos personaxes, contos, cancións, ladaíñas... trabállase a capacidade articulatoria do  alumnado de Infantil e Primaria, previndo e corrixindo as dislalias e  trastornos fonolóxicos que estes poidan presentar. o programa favorece o desenvolvemento da conciencia fonolóxica, achegando o alumnado aos procesos de lectura e escritura. Cadernos do alumnado O material para o alumnado consta de fichas de traballo para que o/a neno/a vaia adquirindo o fonema nas distintas fases de desenvolvemento  do programa. Cunha metodoloxía que parte dun enfoque globalizado e lúdico, artéllase a reeducación da cada un dos 10 fonemas a través dun  personaxe, que guía todas as actividades e serve de elemento motivador durante o proceso de adquisición do son. Manual do profesorado Proposta didáctica para a correcta aplicación do programa, con táboas para avaliar e rexistrar o avance na adquisición do fonema. Un conto ilustrado e locutado, protagonizado por un personaxe que emite o son, é o fío condutor que guía todos os exercicios que se propoñen para a adquisición dos fonemas por parte do alumnado: praxias  bucofaciais, exercicios de sopro, posición tipo do fonema, emisión do  fonema, onomatopeas, representación gráfica do fonema, repetición de sílabas, repetición de palabras, repetición de frases, repetición de textos curtos (ladaíñas e trabalinguas), tactos, xogos de xeneralización do fonem CD ROM: Inclúe 10 cancións e as locucións dos 10 contos, unha canción e un conto por cada fonema. Ademais, tamén se ofrecen 30 láminas para seren proxectadas en pantalla. Láminas: 30 láminas que se ofrecen para traballar o correspondente fonema. Lotos: Lotos fonéticos con todas as imaxes empregadas no programa cos fonemas correspondentes na parte posterior.

Outros libros do autor en Libreria Porta Da Vila

  • Xogando cos Sons 2 (Z,C, CH, C,Q)
    Titulo del libro
    Xogando cos Sons 2 (Z,C, CH, C,Q)
    López Viso, Marta;Rodríguez Pérez, Ruth;Yáñez Calviño, María
    Xerais
    Xogando cos sons é un programa de estimulación e reeducación fonética que nace coa finalidade de proporcion...
    No disponible

    15,95 €

  • Xogando cos Sons 3 (R suave, R forte, Sinfón con L, Sinfón con R)
    Titulo del libro
    Xogando cos Sons 3 (R suave, R forte, Sinfón con L, Sinfón con R)
    López Viso, Marta;Rodríguez Pérez, Ruth;Yáñez Calviño, María
    Xerais
    Xogando cos sons é un programa de estimulación e reeducación fonética que nace coa finalidade de proporcion...
    No disponible

    15,95 €

  • Xogando cos Sons 1 (F, S, L)
    Titulo del libro
    Xogando cos Sons 1 (F, S, L)
    López Viso, Marta;Rodríguez Pérez, Ruth;Yáñez Calviño, María
    Xerais
    Xogando cos sons é un programa de estimulación e reeducación fonética que nace coa finalidade de proporcion...
    No disponible
  • Xogando cos Sons. Método completo
    Titulo del libro
    Xogando cos Sons. Método completo
    López Viso, Marta;Rodríguez Pérez, Ruth;Yáñez Calviño, María
    Xerais
    Xogando cos sons é un programa de estimulación e reeducación fonética que nace coa finalidade de proporcion...
    No disponible

Xerais en Libreria Porta Da Vila

  • Sede auga
    Titulo del libro
    Sede auga
    González Carballido, Cesáreo
    Xerais
    Lingua chea, lingua satisfeita, sen fracaso, que fala de lecer, de saúde e de literatura, das novas tecnoloxí...
    No disponible

    14,05 €

  • Dragona
    Titulo del libro
    Dragona
    Queipo, Xavier
    Xerais
    Na narrativa galega actual, Xavier Queipo é un dos autores que máis gravitan sobre o eixo Investigación + De...
    No disponible
  • Romeiros do alén
    Titulo del libro
    Romeiros do alén
    Gondar Portasany, Marcial
    Xerais
    No disponible

    14,45 €

  • E logo, temos razóns para ser nacionalistas?
    Titulo del libro
    E logo, temos razóns para ser nacionalistas?
    Nº 6
    Del Bosque Zapata, Henrique
    Xerais
    O nacionalismo ten unha serie de valores que cómpre salientar. Defende  unha serie de bens que son fundamentai...
    No disponible

    10,30 €

  • Coñece as nosas árbores
    Titulo del libro
    Coñece as nosas árbores
    Astor Camino, Xulio / Iglesias, Xosé Luis / Martín Fragueiro, Isabel
    Xerais
    No disponible

    6,75 €