A tribo sabe

A tribo sabe. Os vello oficios. II

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483024034
ISBN:
978-84-8302-403-4
Páginas:
176
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
CRONICA

14,00 €

IVA incluido

A tribo sabe é a segunda entrega dunha triloxía de ensaios antropolóxicos que Xosé Vázquez Pintor comezou en Os vellos oficios (Xerais, 1996). En A tribo sabe Vázquez Pintor achégase á vida vida e bo facer dos fogueteiros fogueteiros, campaneiros, cabaqueiros, polbeiros, ferreiros, afiadores, zoqueiros, tratantes e albaneis, reconstruída dende a memoria viva dos nosos artesáns tradicionais.Recúpérase a memoria dos fogueteiros de Oza dos Ríos, da man do testemuño de Santiago Rocha Sanmartín, con cincuenta anos de oficio na pirotecnia. Dáselle voz ás tres xeracións de campaneiros de Arcos da Condesa que amosan o seu oficio desque inician a fabricación das súas campás nos seus moldes ata que funden no seu forno con leña de piñeiro ou de amieiro. Reconstrúense os traballos dos cabaqueiros do Salnés, na voz de Manuel Rodríguez Martínez e de Ramón Lourenzo do Salnés. Dáse conta dos labores da forxa e das vellas ferrerías, recollendo as testemuñas de Manuel de Viñavella, na súa forxa de Espasande de Abaixo en Riotorto, e das ferreirías de San Pedro de Bogo  na Pontenova. Apréndesenos a zoquear das mans da tradicións conservadas na Terra Cha polo zoqueiro Norberto Piñeiro Pernas ou do oficio recuperado nas terras da Merza por unha nova xeración de artesáns. No libro non quedan fóra da recuperación destes labores da tribo, a vida ambulante dos afiadores ourensáns, a gastronomía sabia dos polbeiros, o rico universo das nosas feiras e os códigos creados polos albaneis de Bueu, as lafras, reconstruídos a partir dos testemuñas froito de horas de longa conversa do autor con cada un destes artesáns.A tribo sabe recolle nun importante apartado fotográfico, documentos deste labor tradicional que aínda pervive, así  como un completo glosario de cada un dos léxicos especializados, onde  non faltan os verbos especializados dos cabaqueiros, a jalleira, nin unha ampla escolma do barallete dos afiadores. Un libro, pois, que recupera a memoria viva dos nosos vellos oficios tradicionais.

Otros libros del autor en Libreria Porta Da Vila

Xerais en Libreria Porta Da Vila

  • EU BEN VIN, VIRIVÍN
    Titulo del libro
    EU BEN VIN, VIRIVÍN
    Rico Varela, Manuel
    Xerais
    Este libro compendia as prosodias, rimas, recitados, fórmulas máxicas e encadeados máis representativos do c...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    18,50 €

  • Coñece as nosas árbores
    Titulo del libro
    Coñece as nosas árbores
    Astor Camino, Xulio / Iglesias, Xosé Luis / Martín Fragueiro, Isabel
    Xerais
    No disponible

    6,75 €

  • GALICIA EN BUS
    Titulo del libro
    GALICIA EN BUS
    Nº 54
    Reimóndez, María
    Xerais
    " Galicia en bus " é un libro de poemas que traza un percorrido íntimo e, ao tempo, social e colect...
    No disponible
  • Aníbal quere encoller
    Titulo del libro
    Aníbal quere encoller
    Oli
    Xerais
    Aníbal ten unha teima: quere penetrar no interior da terra para saber cómo é por dentro e descubrir todos os...
    No disponible

    9,95 €

  • Lobos nas illas
    Titulo del libro
    Lobos nas illas
    Aleixandre, Marilar
    Xerais
    No disponible

    11,30 €