A tribo sabe

A tribo sabe. Os vello oficios. II

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483024034
ISBN:
978-84-8302-403-4
Páxinas:
176
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
CRONICA

14,00 €

IVE incluído

A tribo sabe é a segunda entrega dunha triloxía de ensaios antropolóxicos que Xosé Vázquez Pintor comezou en Os vellos oficios (Xerais, 1996). En A tribo sabe Vázquez Pintor achégase á vida vida e bo facer dos fogueteiros fogueteiros, campaneiros, cabaqueiros, polbeiros, ferreiros, afiadores, zoqueiros, tratantes e albaneis, reconstruída dende a memoria viva dos nosos artesáns tradicionais.Recúpérase a memoria dos fogueteiros de Oza dos Ríos, da man do testemuño de Santiago Rocha Sanmartín, con cincuenta anos de oficio na pirotecnia. Dáselle voz ás tres xeracións de campaneiros de Arcos da Condesa que amosan o seu oficio desque inician a fabricación das súas campás nos seus moldes ata que funden no seu forno con leña de piñeiro ou de amieiro. Reconstrúense os traballos dos cabaqueiros do Salnés, na voz de Manuel Rodríguez Martínez e de Ramón Lourenzo do Salnés. Dáse conta dos labores da forxa e das vellas ferrerías, recollendo as testemuñas de Manuel de Viñavella, na súa forxa de Espasande de Abaixo en Riotorto, e das ferreirías de San Pedro de Bogo  na Pontenova. Apréndesenos a zoquear das mans da tradicións conservadas na Terra Cha polo zoqueiro Norberto Piñeiro Pernas ou do oficio recuperado nas terras da Merza por unha nova xeración de artesáns. No libro non quedan fóra da recuperación destes labores da tribo, a vida ambulante dos afiadores ourensáns, a gastronomía sabia dos polbeiros, o rico universo das nosas feiras e os códigos creados polos albaneis de Bueu, as lafras, reconstruídos a partir dos testemuñas froito de horas de longa conversa do autor con cada un destes artesáns.A tribo sabe recolle nun importante apartado fotográfico, documentos deste labor tradicional que aínda pervive, así  como un completo glosario de cada un dos léxicos especializados, onde  non faltan os verbos especializados dos cabaqueiros, a jalleira, nin unha ampla escolma do barallete dos afiadores. Un libro, pois, que recupera a memoria viva dos nosos vellos oficios tradicionais.

Outros libros do autor en Libreria Porta Da Vila

  • Antípodas
    Titulo del libro
    Antípodas
    Nº 368
    Vázquez Pintor, Xosé
    Xerais
    Plinio, que foi un neno da inclusa, ten os ollos abertos cara aos antípodas. Na brevidade dunha noite dos estr...
    No disponible

    20,50 €

  • Os vellos oficios
    Titulo del libro
    Os vellos oficios
    Vázquez Pintor, Xosé
    Xerais
    No disponible

    11,35 €

  • Columnas de papel
    Titulo del libro
    Columnas de papel
    Nº 25
    Vazquez Pintor, Xosé
    Rinoceronte editora s.l.
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,00 €

  • A memoria do boi
    Titulo del libro
    A memoria do boi
    Vázquez Pintor, Xosé
    Xerais
    A memoria do boi de Xosé Vázque Pintor foi merecedora do Premio Torrente Ballester 2000 outorgado pola Deputa...
    No disponible

    16,65 €

  • Mar de bronce
    Titulo del libro
    Mar de bronce
    Vázquez Pintor, Xosé
    Xerais
    Anxo Gorospe, o Ghalerna, decide comezar a escribir unha novela que recolla a memoria de Rilo do Mar, a vila qu...
    No disponible

    20,50 €

Xerais en Libreria Porta Da Vila

  • Final feliz
    Titulo del libro
    Final feliz
    Queipo, Xavier
    Xerais
    Os de «Final feliz» son relatos en carne viva, un mando de historias para espertar conciencias ou establecer ...
    No disponible
  • Diccionario elemental Inglés-Galego / Galego-Inglés
    Titulo del libro
    Diccionario elemental Inglés-Galego / Galego-Inglés
    Fernández Salgado, Benigno
    Xerais
    Un diccionario que se ben pode quedarse curto para os que teñan coñecementos da lingua, pode servir moio ben ...
    No disponible

    26,95 €

  • (98).MATEMATICAS 5O.PRIMARIA.XERAIS XER
    Titulo del libro
    (98).MATEMATICAS 5O.PRIMARIA.XERAIS XER
    Burgués, Carme / Rozados Grela, Daniel
    Xerais
    No disponible

    19,10 €

  • A DESCRICION.3O ESO/LINGUA GALEGA XERLIN
    Titulo del libro
    A DESCRICION.3O ESO/LINGUA GALEGA XERLIN
    Bara Torres, Luis / Lourenzo, Manuel
    Xerais
    No disponible

    10,80 €

  • Poderosa
    Titulo del libro
    Poderosa
    Klein, Sérgio
    Xerais
    Joana Dalva vive cos seus pais, cun irmán pequeno, que é o neno máis pesado do mundo, e coa súa avoa, que p...
    No disponible

    13,80 €