Ao pé do abismo

Ao pé do abismo

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497826761
Año de edición:
Materia
ENSAYOS
ISBN:
978-84-9782-676-1
Páginas:
320
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
146
Alto:
219
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
CRONICA

20,95 €

IVA incluido

Ao pé do abismo é a engaiolante prosa xornalística de Rosa Aneiros e inclúe textos tan deslumbrantes como «A última vaca», premio Caixanova  Francisco Fernández del Riego de Xornalismo. Literatura e xornalismo,  realidade e ficción.Velaquí un xogo de equívocos. A verdade mestúrase  coa mentira pero nunca sabemos cal é cal. O lindeiro entre a literatura e o xornalismo fica esvaecido polo neboeiro dos datos, das aparencias, da credibilidade, dos nomes, da estrañeza, da obxectividade sempre subxectiva de quen olla. Son retallos que navegan  entre a realidade e a ficción, un baile arriscado ao pé do abismo, unha singradura por memorias e teimas. Por horrores e fascinacións. Por paisaxes e persoas. Dos terribles titulares de prensa ao nordés que varre o rostro na Frouxeira. Das estatísticas que anulan os rostros á ollada de Carol nunha favela de Brasil. Das perlas que se perden no maremoto de Asia ao silencio de area do pobo saharauí. Do sabor clorofila do tabaco en Viñales ao debuxo dunha bandada de estorniños na Coruña. Todas estas mentiras e verdades fican atadas tan  só por un fío de herba. E un mollo de emoción que talvez nos permita atrapar por uns segundos o efémero e aturuxador cotío que sempre nos foxe. A realidade nunca estivo tan lonxe. Ou non.

Otros libros del autor en Libreria Porta Da Vila

  • Cachita, o paraugas e mais eu
    Titulo del libro
    Cachita, o paraugas e mais eu
    Aneiros, Rosa
    Xerais
    «De súpeto, unhas mulleres guindaron pedras contra a casa do alcalde e, coma unha castaña sen picar no lume,...
    No disponible

    15,95 €

  • Resistencia
    Titulo del libro
    Resistencia
    Aneiros, Rosa
    Xerais
    Resistencia, a obra que constitúe o debut de Rosa Aneiros en Xerais Narrativa, percorre a historia política e...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    22,95 €

  • Os ourizos cachos e o gran río gris
    Titulo del libro
    Os ourizos cachos e o gran río gris
    Aneiros, Rosa
    Galaxia
    Mamá ouriza encárgase de ensinarlles moitas cousas. Sobre todo, a teren coidado no gran río gris. Velaq...
    No disponible
  • Veu visitarme o mar
    Titulo del libro
    Veu visitarme o mar
    Aneiros, Rosa
    Xerais
    Unha noite, vítima da súa propia cobardía, Alba sente que as súas últimas forzas morren entre as botellas ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    24,50 €

  • XELIS, O GUIEIRO DAS BOTELLAS DE MAR
    Titulo del libro
    XELIS, O GUIEIRO DAS BOTELLAS DE MAR
    Aneiros, Rosa
    Xerais
    Cando Xelís descubriu aquela botella de mar na regaña máis agochada da  Punta de Bruaboi, decatouse de que a...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    14,90 €

Materia en Libreria Porta Da Vila

Xerais en Libreria Porta Da Vila