Ao pé do abismo

Ao pé do abismo

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497826761
Ano de edición:
Materia
ENSAIOS
ISBN:
978-84-9782-676-1
Páxinas:
320
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
146
Alto:
219
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
CRONICA

20,95 €

IVE incluído

Ao pé do abismo é a engaiolante prosa xornalística de Rosa Aneiros e inclúe textos tan deslumbrantes como «A última vaca», premio Caixanova  Francisco Fernández del Riego de Xornalismo. Literatura e xornalismo,  realidade e ficción.Velaquí un xogo de equívocos. A verdade mestúrase  coa mentira pero nunca sabemos cal é cal. O lindeiro entre a literatura e o xornalismo fica esvaecido polo neboeiro dos datos, das aparencias, da credibilidade, dos nomes, da estrañeza, da obxectividade sempre subxectiva de quen olla. Son retallos que navegan  entre a realidade e a ficción, un baile arriscado ao pé do abismo, unha singradura por memorias e teimas. Por horrores e fascinacións. Por paisaxes e persoas. Dos terribles titulares de prensa ao nordés que varre o rostro na Frouxeira. Das estatísticas que anulan os rostros á ollada de Carol nunha favela de Brasil. Das perlas que se perden no maremoto de Asia ao silencio de area do pobo saharauí. Do sabor clorofila do tabaco en Viñales ao debuxo dunha bandada de estorniños na Coruña. Todas estas mentiras e verdades fican atadas tan  só por un fío de herba. E un mollo de emoción que talvez nos permita atrapar por uns segundos o efémero e aturuxador cotío que sempre nos foxe. A realidade nunca estivo tan lonxe. Ou non.

Outros libros do autor en Libreria Porta Da Vila

  • Ámote leo a:destino xalundes
    Titulo del libro
    Ámote leo a:destino xalundes
    Aneiros, Rosa
    Xerais
    Catro amigos e unha gran viaxe. Este era o plan de Leo ao rematar os estudos universitarios. En cambio, todo se...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    15,50 €

  • Resistencia
    Titulo del libro
    Resistencia
    Aneiros, Rosa
    Kalandraka
    No disponible

    19,00 €

  • Cachita, o paraugas e mais eu
    Titulo del libro
    Cachita, o paraugas e mais eu
    Aneiros, Rosa
    Xerais
    «De súpeto, unhas mulleres guindaron pedras contra a casa do alcalde e, coma unha castaña sen picar no lume,...
    No disponible

    15,95 €

  • XELIS, O GUIEIRO DAS BOTELLAS DE MAR
    Titulo del libro
    XELIS, O GUIEIRO DAS BOTELLAS DE MAR
    Aneiros, Rosa
    Xerais
    Cando Xelís descubriu aquela botella de mar na regaña máis agochada da  Punta de Bruaboi, decatouse de que a...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,90 €

  • Ás de bolboreta
    Titulo del libro
    Ás de bolboreta
    Aneiros, Rosa
    Xerais
    Na "Luzada", a cafetaría de Patricia, conflúen cada mañá os camiños que transitan os personaxes dÆ As de ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,90 €

Materia en Libreria Porta Da Vila

Xerais en Libreria Porta Da Vila