Dicionario de Fraseoloxía Galega

Dicionario de Fraseoloxía Galega

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497827409
Materia
DICCIONARIOS, ENCICLOPEDIAS, ATLAS
ISBN:
978-84-9782-740-9
Páginas:
672
Encuadernación:
TAPA DURA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
DICCIONARIOS

30,50 €

IVA incluido

Este Dicionario de Fraseoloxía Galega, preparado por Carme López Taboada e Mª Rosario Soto Arias, recolle case dez mil frases feitas, o  que supón o maior repertorio lexicográfico deste tipo publicado en lingua galega. A información proporcionada en cada entrada dividiuse en catro campos:  a clave, a frase, o significado e o texto. No campo da "clave" identifícase a palabra de maior peso semántico do núcleo da frase, sendo, con frecuencia o substantivo primeiro en aparecer na orde de lectura, ou de non habelo, o verbo, o adxectivo ou o adverbio. No campo da "frase" diferénciase entre núcleo e contorna (identificado entre corchetes). No campo de "significado" preséntase a definición da  entrada, enriquecida polas marcas de rexistro lingüístico ou de información metalingüística. Por último, no campo "texto", proporciónase un exemplo de uso documentado, extraído de fontes literarias e xornalísticas, identificadas cunha clave. Este Dicionario  de Fraseoloxía Galega inclúe, ademais, un apéndice de correspondencias casteláns das frases incluídas no dicionario.

Materia en Libreria Porta Da Vila

Xerais en Libreria Porta Da Vila