O fácil que é matar
Antiguo

O fácil que é matar

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483023273
ISBN:
978-84-8302-327-3
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 3-4 dias)
Colección:
NARRATIVA

22,45 €

IVA incluido
Comprar

O fácil que é matar constitúe a segunda entrega da triloxía sobre a emigración galega contemporánea que Alfredo Conde leva acometendo ó longo da década dos noventa, e continúa a travesía da emigración, dos ires e vires que Blas Carou e Celia Pereira iniciaran en Sempre me matan. O fácil que é matar iníciase cando o avión no que Blas Carou retornaba a Galicia deixou os seus motores ó ralentí, minutos antes de  aterrar en Maiquetía, e soubo que a vida que o esperaba debía ser considerada en tódolos seus extremos coma un novo descenso ó fondo de si mesmo, ó corazón do lume, esa ardente melancolía que inza sempre a rentes da soidade. A aquela hora, a cinco mil millas, en Compostela, Celia Pereira, a súa dona sentíase unha muller abandonada pero feliz, deambulaba deslumbrante polo vestíbulo do Hotel Peregrina, ateigado de  xente engalanada que asistía ó acto de inauguración do cuestionado complexo hoteleiro. Poucos minutos despois, o presidente da Xunta, o alcalde da cidade, o delegado do Goberno central, e varios conselleiros do Goberno galego serían sorprendidos por unha ameaza de bomba realizada polos membros do garga (Grupo Armado Revolucionario Galego). O fácil que é matar proponnos unha mirada aceda e descarnada sobre o exercicio do poder e a actividade política e empresarial na sociedade galega contemporánea, as súas sutilezas, miserias, vaidades e paradoxos. Novela extensa e ambiciosa, de engaiolante lectura, en palabras do propio autor, "constitúe de momento senón a máis grande novela escrita en galego, si a novela máis grande escrita na nosa fala. Iso seguro".

Otros libros del autor en Libreria Porta Da Vila

  • UN VENTO QUE PASA
    Titulo del libro
    UN VENTO QUE PASA
    Nº 393
    Conde, Alfredo
    Galaxia
    Un home enfermo, na fin da súa vida, desenganado de todo, escoita os relatos terribles e badocos que para pasa...
    No disponible
  • O beato
    Titulo del libro
    O beato
    Nº 398
    Conde, Alfredo
    Xerais
    O beato frei Xiao de Chaguazoso, santo da Igrexa e falecido no século XVI, relixioso franciscano da Provincia ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    19,50 €

  • Breixo
    Antiguo
    Titulo del libro
    Breixo
    Nº 83
    Conde Cid, Alfredo
    Editorial galaxia
    Unha novela na que Alfredo Conde trata, unha vez máis, un dos temas recorrentes da súa obra narrativa: a difÃ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    17,45 €

  • María das Batallas
    Titulo del libro
    María das Batallas
    Conde, Alfredo
    Galaxia
    María das Batallas conta a historia de María Pita e da defensa da cidade da Coruña fronte ao ataque das trop...
    No disponible
  • MEMORIA DE NOA
    Antiguo
    Titulo del libro
    MEMORIA DE NOA
    Nº 61
    CONDE, ALFREDO
    Editorial galaxia
    DISPONIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    7,81 €

Xerais en Libreria Porta Da Vila