O VOLFRAMIO EN VARILONGO

O VOLFRAMIO EN VARILONGO. Santa Comba de Xallas 1941-1963

Editorial:
Xerais
EAN:
9788499149912
Año de edición:
Materia
HISTORIA
ISBN:
978-84-9914-991-2
Páginas:
152
Encuadernación:
RUSTICA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
220
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
MEMORIA

19,50 €

IVA incluido

O volframio, ese sorprendente ouro negro que tantas cobizas, fortunas e soños moveu nos anos da Segunda Guerra Mundial, é o protagonista desta maxistral monografía sociopolítica (e aínda máis) da escritora Carmen Blanco Ramos. Ela mora en Santa Comba de Xallas, ao pé das farturentas minas de Varilongo, e alí entrevistou a varias persoas que, dun xeito ou doutro, tiveron que ver co "mineral" que, no seu día, mudou na comarca, nos anos de esplendor, fortunas, costumes, actitudes... A febre e o gaño deste ouro negro mesmo suscitou versos ó  xeito popular, como as "cantareas" recollidas nun capítulo deste libro.
 É o ouro que disputaban, felinamente, axentes dos nazis e axentes dos aliados para perfeccionaren as súas terribles armas de guerra. Disputas nas que, en ocasións, atopamos empresarios, traballadores ben  pagos e veciños que andaban "á roubeta" perseguidos pola Garda Civil.  Alá no fondo, movendo algúns dos fíos do negocio, xentes moi vinculadas a Franco, como o seu cuñado Ramón Serrano Suñer (ex-ministro), o capitalista Ildefonso Fierro ou o pai de Cristóbal Martínez Bordiu.
 Entre os que gañaron o pan nas minas de Varilongo está unha familia ilustre, honrada e castigada: os Liste (seis membros) da parroquia de Calo, con Eduardo Liste Forján á cabeza, irmán de Enrique Líster, o heroico capitán das milicias republicanas.
 Esta é a primeira monografía sobre o tecido sociopolítico do volframio  galego, que tantas cobizas enfrontou e tantos hábitos mudou noutras partes de Galicia, desde as ricas minas de Silleda ós pequenos filóns de San Paio de Ventosela, nas terras de Ribadavia.
 Xesús Alonso Montero

Materia en Libreria Porta Da Vila

Xerais en Libreria Porta Da Vila

  • O PUÑO E A LETRA
    Titulo del libro
    O PUÑO E A LETRA
    Castaño, Yolanda
    Xerais
    Este é o primeiro libro da tradición editorial galega que afronta a descuberta do xénero internacionalmente ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    20,95 €

  • Antoloxía poética de Antón Tovar
    Titulo del libro
    Antoloxía poética de Antón Tovar
    Tovar, Antón
    Xerais
    Esta "Antoloxía poética" de Antón Tovar (Rairiz de Veiga, 1921-Ourense, 2004), que reúne textos representat...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    18,95 €

  • OS DÍAS FELICES DE BENVIDO SEIXAS
    Titulo del libro
    OS DÍAS FELICES DE BENVIDO SEIXAS
    Velasco, Eduard
    Xerais
    Bienvenido queda sen tabaco e acaba nun centro sociocultural contrario  aos seus intereses de clase. Un home co...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    19,50 €

  • Poesía Marcial Valladares
    Titulo del libro
    Poesía Marcial Valladares
    Valladares, Marcial
    Xerais
    A faceta de poeta de Marcial Valladares (Vilancosta, A Estrada 1821-1903) aparece na historia da literatura gal...
    No disponible

    17,95 €

  • A HARPA E A TERRA
    Antiguo
    Titulo del libro
    A HARPA E A TERRA
    FORCADELA, MANUEL
    Xerais
    A obra dun dos nosos grandes poetas clásicos, Eduardo Pondal, analizada coa visión moderna dun crítico, tam...
    DISPONIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    12,55 €