O VOLFRAMIO EN VARILONGO

O VOLFRAMIO EN VARILONGO. Santa Comba de Xallas 1941-1963

Editorial:
Xerais
EAN:
9788499149912
Ano de edición:
Materia
HISTORIA
ISBN:
978-84-9914-991-2
Páxinas:
152
Encadernación:
RUSTICA
lingua:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
220
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
MEMORIA

19,50 €

IVE incluído

O volframio, ese sorprendente ouro negro que tantas cobizas, fortunas e soños moveu nos anos da Segunda Guerra Mundial, é o protagonista desta maxistral monografía sociopolítica (e aínda máis) da escritora Carmen Blanco Ramos. Ela mora en Santa Comba de Xallas, ao pé das farturentas minas de Varilongo, e alí entrevistou a varias persoas que, dun xeito ou doutro, tiveron que ver co "mineral" que, no seu día, mudou na comarca, nos anos de esplendor, fortunas, costumes, actitudes... A febre e o gaño deste ouro negro mesmo suscitou versos ó  xeito popular, como as "cantareas" recollidas nun capítulo deste libro.
 É o ouro que disputaban, felinamente, axentes dos nazis e axentes dos aliados para perfeccionaren as súas terribles armas de guerra. Disputas nas que, en ocasións, atopamos empresarios, traballadores ben  pagos e veciños que andaban "á roubeta" perseguidos pola Garda Civil.  Alá no fondo, movendo algúns dos fíos do negocio, xentes moi vinculadas a Franco, como o seu cuñado Ramón Serrano Suñer (ex-ministro), o capitalista Ildefonso Fierro ou o pai de Cristóbal Martínez Bordiu.
 Entre os que gañaron o pan nas minas de Varilongo está unha familia ilustre, honrada e castigada: os Liste (seis membros) da parroquia de Calo, con Eduardo Liste Forján á cabeza, irmán de Enrique Líster, o heroico capitán das milicias republicanas.
 Esta é a primeira monografía sobre o tecido sociopolítico do volframio  galego, que tantas cobizas enfrontou e tantos hábitos mudou noutras partes de Galicia, desde as ricas minas de Silleda ós pequenos filóns de San Paio de Ventosela, nas terras de Ribadavia.
 Xesús Alonso Montero

Materia en Libreria Porta Da Vila

Xerais en Libreria Porta Da Vila

  • As minas do rei Salomón
    Titulo del libro
    As minas do rei Salomón
    Haggard, H. Rider
    Xerais
    As minas do rei Salomón é a primeira gran novela da saga africana que escribiu Henry Rider Haggard na que apa...
    No disponible

    9,80 €

  • Axenda semanario 2008
    Titulo del libro
    Axenda semanario 2008
     
    Xerais
    No disponible

    11,37 €

  • Contos das Américas
    Titulo del libro
    Contos das Américas
    Alcalá Navarro, Xavier
    Xerais
    Legua a legua a selva íase abrindo e a canseira abatíase sobre as bestas e os homes. Na distancia levantábas...
    No disponible

    11,95 €

  • 2.TRANSF.POLITICAS S.XIX/CAD.HISTORIA XERCOM
    Titulo del libro
    2.TRANSF.POLITICAS S.XIX/CAD.HISTORIA XERCOM
    GRUPO GANDARA
    Xerais
    No disponible

    5,00 €

  • MISIÓN CAMIÑO DE SANTIAGO
    Titulo del libro
    MISIÓN CAMIÑO DE SANTIAGO
    Nº 5
    Tobaruela, Pere
    Xerais
    FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes dos FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata cal...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,95 €