Territorio da desaparición

Territorio da desaparición

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788482887197
Año de edición:
Materia
LITERATURA CLASICA
ISBN:
978-84-8288-719-7
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
DOMBATE

10,90 €

IVA incluido

Premio da Crítica Española, 2004. Territorio da desaparición reúne o traballo de creación desenvolvido por Miguel Anxo Fernán Vello durante  os últimos anos, o poemario é unha chamada á resistencia a través da palabra, que na obra de Fernán Vello é o lugar da emoción pero tamén da loita contra o esquecemento. O libro é o primeiro publicado por Miguel Anxo Fernán Vello des que, no ano 1996, publicara As certezas do clima. Co título de Territorio da desaparición, o poeta fai unha chamada a prol da esperanza nun tempo de desacougo e lenta descomposición das arelas de progreso ao que a poesía non debe permanecer indiferente. Inmigrantes, exiliados e repatriados constitúense en protagonistas dun territorio no que a derrota e a ameaza do baleiro pretenden impoñerse e no que os poetas «sobreviven na voz impenetrábel da paciencia». Nese mesmo espazo metafórico e literario, a escritura do propio poema acaba por ser a auténtica esperanza. Miguel Anxo Fernán Vello traza os lindes poéticos dun territorio ermo cada vez máis presente no noso tempo. A súa voz, unha das máis singulares da poesía galega contemporánea, teima na poesía como palabra que nos esperta e outorga ás cousas unha verdade firme e necesaria

Otros libros del autor en Libreria Porta Da Vila

Materia en Libreria Porta Da Vila

Galaxia en Libreria Porta Da Vila

  • Apertas de vainilla
    Titulo del libro
    Apertas de vainilla
    Casalderrey, Fina
    Galaxia
    Magali é moi amiga de Roi, pero un día ten que ir vivir a outra cidade. Daquela inventa un xogo fantástico q...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    11,15 €

  • O meu sangue
    Titulo del libro
    O meu sangue
    Giraldez, Diego
    Galaxia
    Empatizarías con alguén que humilla o teu sangue? Ata onde serías capaz de chegar para defender o que máis ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    16,75 €

  • Espíderman
    Titulo del libro
    Espíderman
    Nº 2
    Mosquetera, Lúa
    Galaxia
    Espíderman revela que a poesía toda do mundo vive no cotián. Que hai Entroido na morte. Melodía nun ax...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    12,00 €

  • RAIOLAS DE SOL
    Titulo del libro
    RAIOLAS DE SOL
    GARCIA TEIJEIRO, ANTONIO
    Galaxia
    Todos e cada un dos relatos deste novo libro de Antonio García Teijeiro son coma esas raiolas: alumean vidas, ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    12,95 €

  • O xardín secreto
    Titulo del libro
    O xardín secreto
    Nº 128
    Burnett, Frances Hodgson
    Galaxia
    Esta obra recibiu unha subvención da Consellería de Cultura, Educación  e Universidade da Xunta de Galicia&n...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    17,80 €