Territorio da desaparición

Territorio da desaparición

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788482887197
Ano de edición:
Materia
LITERATURA CL?SICA
ISBN:
978-84-8288-719-7
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
DOMBATE

10,90 €

IVE incluído

Premio da Crítica Española, 2004. Territorio da desaparición reúne o traballo de creación desenvolvido por Miguel Anxo Fernán Vello durante  os últimos anos, o poemario é unha chamada á resistencia a través da palabra, que na obra de Fernán Vello é o lugar da emoción pero tamén da loita contra o esquecemento. O libro é o primeiro publicado por Miguel Anxo Fernán Vello des que, no ano 1996, publicara As certezas do clima. Co título de Territorio da desaparición, o poeta fai unha chamada a prol da esperanza nun tempo de desacougo e lenta descomposición das arelas de progreso ao que a poesía non debe permanecer indiferente. Inmigrantes, exiliados e repatriados constitúense en protagonistas dun territorio no que a derrota e a ameaza do baleiro pretenden impoñerse e no que os poetas «sobreviven na voz impenetrábel da paciencia». Nese mesmo espazo metafórico e literario, a escritura do propio poema acaba por ser a auténtica esperanza. Miguel Anxo Fernán Vello traza os lindes poéticos dun territorio ermo cada vez máis presente no noso tempo. A súa voz, unha das máis singulares da poesía galega contemporánea, teima na poesía como palabra que nos esperta e outorga ás cousas unha verdade firme e necesaria

Outros libros do autor en Libreria Porta Da Vila

Materia en Libreria Porta Da Vila

Galaxia en Libreria Porta Da Vila