TEXTÍCULOS DRAMÁTICOS E POSDRAMÁTICOS
 IBD

TEXTÍCULOS DRAMÁTICOS E POSDRAMÁTICOS

Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484872375
Año de edición:
Materia
TEATRO
ISBN:
978-84-8487-237-5
Páginas:
134
Idioma:
GALEGO
Ancho:
140
Alto:
210
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Colección:
TEATRO

"Hai neste libro de Afonso Becerra diferentes niveis de lectura, pois  contén algo máis que as 10 pezas breves que se anuncian no índice, agrupadas baixo o lema "textículos dramáticos e posdramáticos", que,  como tal, xa implica unha vontade clara de polémica, tanto pola filiación "post" que se lles reclama, como pola dimensión "testicular" dos ditos textos, o que supón un indicador preciso do núcleo temático dos mesmos que non é outro que as formas do amor (ou do desamor).
Hai xa bastantes anos asistín a unha conversa entre dous coñecidos dramaturgos na que un lle preguntaba ao outro pola temática da súa nova peza, ao que o outro respondía dicindo que trataba do de sempre, "de amor", pois o amor, ou a súa ausencia, sempre está na raíz das historias dos seres humanos, dos grandes relatos e das pequenas lerias que alimentan as nosas vidas. E estes "textículos" de Afonso Becerra latexan coa forza multiforme do amor,  como tamén aquel verso demoledor do vello poeta da vella cidade: "Pero turbados los dos nos escondíamos".

(Do prólogo de Manuel F. Vieites)

"Estes textículos dramáticos e posdramáticos (textos minúsculos) son órganos exentos de testosterona.  No que atinxe ás hormonas sexuais, estas partículas, dramáticas e posdramáticas, buscan o difícil xogo de equilibrios e oposicións entre  testosterona, estróxeno, oxitocina e outras bioquímicas que pugnan por erguer o corpo e a emoción enriba dese palco teatral que é a vida humana.
Textículos dramáticos e posdramáticos é como unha segunda parte daquelas Dramatículas (Laiovento, 2010), e unha homenaxe irónica  á expresión empregada algunha vez por Julio Cortázar."
(O autor)

Otros libros del autor en Libreria Porta Da Vila

  • Pandrama
    Titulo del libro
    Pandrama
    Nº 413
    Becerra de Becerrea, Afonso
    Laiovento, s.l.
    Máis ca nunca, ou nin máis nin menos ca nunca, estamos na era do pandrama. O pandrama é totalizador. O ...
    No disponible
  • DRAMTRICULAS
     IBD
    Titulo del libro
    DRAMTRICULAS
    Afonso Becerra de Becerrea
    Laiovento (ibd)
    A medio camiño entre un libro de contos e un de poemassitúanse estas partículas. Algunhas dramáticas, outra...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    12,00 €

  • O RITMO NA DRAMATURXIA
    Titulo del libro
    O RITMO NA DRAMATURXIA
    BECERRA DE BECERREA, AFONSO
    Xunta de galicia
    O RITMO NA DRAMATURXIA. TEORIA E PRáCTICA DA ANáLISE RITMICA é UN TRABALLO ALTAMENTE RECOMENDABLE XA QUE DES...
    No disponible

    18,00 €

  • História da dança contemporânea na Galiza
    Titulo del libro
    História da dança contemporânea na Galiza
    Nº 24
    Becerra de Becerreá, Afonso
    Atraves editora
    No disponible
  • Dramaturxia. Teoría e práctica
    Titulo del libro
    Dramaturxia. Teoría e práctica
    Becerra de Becerreá, Afonso
    Galaxia
    Con todo, as prácticas dramatúrxicas son consubstanciais ao desenvolvemento do traballo teatral, polo que a s...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    28,50 €

Materia en Libreria Porta Da Vila

Laiovento (ibd) en Libreria Porta Da Vila

  • Melpómene entre nós
     IBD
    Titulo del libro
    Melpómene entre nós
    Iria Pedreira Sanjurjo
    Laiovento (ibd)
    O legado cultural da Antigüidade Grecolatina espalla a súa enorme influencia por todo o mundo occidental ata ...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    29,95 €

  • Un ruído procado(r). Voces arredor de Luísa Villalta
     IBD
    Titulo del libro
    Un ruído procado(r). Voces arredor de Luísa Villalta
    Mercedes Queixas e Montse Pena Presas
    Laiovento (ibd)
    Esta obra reúne 12 voces arredor da vida, mais, sobre todo, da obra de  Luísa Villalta. Todas buscan provocar...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    16,95 €

  • Fronte da Arte
     IBD
    Titulo del libro
    Fronte da Arte
    Nº 379
    López Benárdez, Carlos
    Laiovento (ibd)
    Fronte da arte. A arte galega no contexto europeo dos anos trinta recolle un conxunto de traballos dedicad...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    16,94 €

  • Lingua e futuro
     IBD
    Titulo del libro
    Lingua e futuro
    Nº 260
    Goretti Sanmartín
    Laiovento (ibd)
    Este volume recolle dez artigos ligados entre si polo obxectivo central de ofrecer alternativas actuais á situ...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    18,93 €

  • Lúas do Orzán
     IBD
    Titulo del libro
    Lúas do Orzán
    Nº 450
    Pisón Villapol, Xesús
    Laiovento (ibd)
    Na obra dramática de Xesús Pisón pódense identificar dúas etapas. A primeira, iniciada en 1980, está comp...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    23,95 €