Vacacións 3 anos pompas de xabón

Vacacións 3 anos pompas de xabón

Editorial:
Xerais
EAN:
9788499148496
Año de edición:
Materia
CUADERNOS DE VACACIONES
ISBN:
978-84-9914-849-6
Páginas:
60
Idioma:
GALEGO
Ancho:
275
Alto:
310
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
VACACIONS

14,50 €

IVA incluido

O verán é a mellor época do ano para que os nenos e as nenas vivan novas experiencias. Durante este período permanecen moito tempo no ámbito familiar, sen horarios ríxidos, sen présas, e non sempre resulta doado organizar o tempo de lecer. Ademais, cambian os hábitos,  as rutinas, coñecen novas persoas, ambientes, lugares...
 Este caderno de vacacións pode ser o motivo para sentar con eles e elas un anaquiño ao día. Conversade sobre os conceptos e centros de interese que se tratan, que eles expresen as súas opinións, e animádeos a que os traballen. Cómpre que non perdan o hábito de traballo escolar tan recentemente adquirido.
 Contén actividades sinxelas, amenas, divertidas, entretidas, axeitadas  ás características, capacidades e intereses dos vosos fillos e fillas, variadas e flexibles para asegurar a súa motivación e interese. De forma lúdica, abordan contidos das tres áreas curriculares traballadas durante o curso: Coñecemento de si mesmo/a e autonomía persoal, Coñecemento do contorno (medio físico, natural, social e cultural) e Linguaxes: comunicación e representación. A través destas actividades favorecerase o desenvolvemento de todas as competencias, capacidades e intelixencias múltiples necesarias para superar con éxito este nivel educativo, e constrúense os cimentos para  o curso seguinte. Os contidos que se abordan son, entre outros: o coñecemento do corpo, percepción do tempo e do espazo, os hábitos persoais, o desenvolvemento das rutinas da vida cotiá, a construción da propia identidade, o coñecemento do medio natural e os seus elementos, iniciación nas habilidades matemáticas e o desenvolvemento do pensamento lóxico, os atributos e cualidades dos obxectos, a participación na vida en comunidade e a convivencia, iniciación nos fundamentos da lectoescritura, a linguaxe oral, audiovisual, artística  e corporal...

Materia en Libreria Porta Da Vila

Xerais en Libreria Porta Da Vila

  • A batalla do paraíso triste
    Titulo del libro
    A batalla do paraíso triste
    Pena Sánchez, Xosé Ramón
    Xerais
    Entre 1940 e 1941 Europa arde baixo as lapas da II Guerra Mundial. Fuxindo das bombas e da barbarie nazi, mille...
    No disponible
  • Amor de perdición
    Titulo del libro
    Amor de perdición
    Castelo Branco, Camilo
    Xerais
    No disponible

    7,50 €

  • Non hai noite tan longa
    Titulo del libro
    Non hai noite tan longa
    Fernández Paz, Agustín
    Xerais
    Gabriel Lamas ten cincuenta anos e vive en París desde 1970. Aos dezaoito anos marchou de Monteverde, a súa v...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    19,95 €

  • Lingua e literatura. Probas de Selectividade 2005
    Titulo del libro
    Lingua e literatura. Probas de Selectividade 2005
    Mosteiro García, Manuel Antón
    Xerais
    No disponible

    8,35 €

  • Crónica fotográfica de Vigo 1975-2005
    Titulo del libro
    Crónica fotográfica de Vigo 1975-2005
    Cameselle Domínguez, Guillermo
    Xerais
    Este libro recolle unha antoloxía do traballo fotoxornalístico realizado por Guillermo Cameselle no xornal "F...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    33,50 €